Lorenzo Varela recitando poemas de Federico García Lorca
No ano 1965 Lorenzo Varela gravou para "Qualiton, Industria Argentina" un disco titulado "Poesía", no que recitaba textos do inmortal poeta andaluz Federico García Lorca.
En 1999, co gallo dunha homenaxe ao intelectual Arturo Cuadrado, a Fundación Luis Seoane reeditou restaurada esta obra baixo o título "Poesías", como mostra da inquedanza cultural e cívica de boa parte do exilio galego.
Unha iniciativa que nos permite agora desfrutar dos versos do poeta audaluz asasinado durante a Guerra Civil na voz dun exiliado galego, Lorenzo Varela.
Cortesía da:
Unha produción de:
Outros contidos proporcionados por:
coa colaboración de
Produción: Manuel Gago, Rosa Tedín
Deseño: Miguel Alonso
Documentación e redacción:
Marcelo X. Fernández Santiago, Cristina Mouriño, Nancy Pérez
Rey
EXILIADOS é un contido en continua actualización.Se desexas
facernos algún comentario, podes facelo a: redaccion@culturagalega.org