|
|
 |
O dezaseis
Non se pode comprender a noite en San Pedro sen O Dezaseis, un restaurante con capacidade para 200 persoas cunha carta especializada en cociña tradicional galega. Suso Cova fala orgulloso do seu establecemento, que agora cumpre dez anos: "Atopamos un local enorme pero no que había que facer moita obra...isto era unha cabaleiriza, parece ser que hai oitenta ou noventa anos paraban os cabalos. No primeiro andar comíase e enriba durmíase".
Hoxe en día, o Dezaseis conta na súa clientela con moitos representantes do mundo cultural e político compostelán. "Aquí ven xente de todo tipo. Desde funcionarios, banqueiros, xente do Museo do Pobo Galego, músicos, artistas plásticos, artesáns, políticos... O mesmo podes encontrar un artista do CGAC que un cantante famoso, unha persoa da banca, dun sindicato ou dunha asociación de veciños. O que logrou o dezaseis neses últimos dez anos foi facer unha mestura de xente". O restaurante tamén colabora cos veciños en actos a través da Asociación Veciñal A Xuntanza. O barrio, segundo Suso, "agora está comezando a se mover. A rúa debería estar peatonalizada para conseguir que viñera máis xente". |
|