A cronoloxía dunha mostra
 
Receitas con sabor a Frida


CEVICHE
(Para 10 persoas)


Ingredientes:

1 quilo de cherna en anacos
2 cuncas de zume de limón
1/3 cunca de aceite de oliva
3 dentes de allo
500 grs. de tomates picados
1 cunca de cebola picada
1/3 cunca de pirixel de cilantro
1 culleradiña de ourego
1 culleradiña de sal
Pementa moída
3 pementos
2/3 cunca de olivas picadas


Preparación:

Poñer o peixe en anacos nun recipiente refractario. Agregar o zume do limón e deixar repousar por espazo de 2 ½ horas.

Quentar o aceite nunha tixola e agregar os allos e deixalos dourar. Sacar do aceite e deixar enfriar.

Pelar e quitarlle as pepitas aos tomates reservando o zume. Picalos, poñelos nun refractario fondo xunto coa cebola, ourego, sal, pementa, chiles e olivas. Incorporar todo.

Escorregar o peixe, agregar a mestura anterior e o cilantro picado, mesturando todo.

Métese na neveira ata o momento de sacalo á mesa. Sérvese con galletas salgadas ou con “totopos de millo” (nachos).
Información
Noticias
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Lista de desexos
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org