O músico Álvaro Muras naceu en Montevideo (1972) e creceu en Monte Alto, na Coruña. Aquí foi crecendo como persoa e como músico, sempre acompañado polo seu baixo eléctrico e explorando estilos de fusión musical. Agora busca o seu lugar na escena musical mentres confía na rede para difundir os traballos musicais.
Álvaro Muras quere ofrecer algo distinto, ampliar a oferta musical existente, e para iso sube estes días aos escenarios de moitos locais na Coruña acompañado só do seu baixo para facelo soar en primeiro plano. Este venres, 24 de marzo poderá escoitarse a súa aposta pola fusión de estilos no Pub La Troya, na Cidade Vella (Rúa Porta de aires, 9), alí poderemos asistir á evolución do seu proxecto musical en solitario facendo “algo como Funk-rock ou Funk-fusion, como máis vos guste.”
Pero Álvaro non é novo nisto e aínda que agora preséntase coa única compaña do seu baixo antes participou de numerosas formacións musicais e transitou por diversos estilos con elas, desde o pop-rock, o flamenco-pop ou o jazz-funk. Agora Álvaro salta ao escenario en solitario e confiando en poder chamar a atención usando un instrumento tan especial para a actuación solista como é o baixo eléctrico. Neste proxecto Álvaro conta coas ferramentas de Internet como axuda esencial na promoción musical.
Neste sentido el recomenda as seguintes visitas virtuais:
www.maketon.com Para ver fichas de grupos galegos, ampliar información sobre eles e consultar os seus concertos.
www.empuje.net Tamén para o mesmo, coñecer grupos e consultar os concertos.
www.aularock Programa de Radio Sada que desde o ano 94 achega unha axenda muscial da Coruña e arredores e ofrece música de grupos pouco coñecidos.
www.okeai.com Sitio que achega información sobre eventos musicais, festas e festivais. Tamén ten foros de opinión e contacto.
CMIJ Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña, que está integrado na Rede Galega de Información Xuvenil.
ALVAROMURAS Unha páxina web que estou facendo e de xestión propia, falta incluir algunhas cousiñas.
|