
A carreira de Xosé Manuel Pereiro, aínda que intensa, non é moi coñecida polo grande público do país. Este monfortino, como sinala o seu currículo, “fixo de todo nos medios de comunicación”, comezando por licenciarse en Ciencias da Información na Complutense de Madrid. Alí participou na creación da revista “Loia” a mediados dos setenta onda Manolo Rivas, Lois Pereiro, Menchu Lamas e Antón Patiño. De volta a Galicia convértese nunha das principais figuras da movida dos oitenta no país, fundando a revista “La Naval” e participando no mítico grupo musical Radio Océano. Tamén esta época dirixiu a emisora coruñesa Ondas Galicia e o magazine Noroeste de Radio 4.
En 1987 iniciou a súa actividade na TVG, como guionista de “O veciño do xoves”, pasando logo a TVE-G. Nesta casa guionizaría e dirixiría a primeira miniserie feita en Galicia,“Composteláns”. Ademais, realizou outros programas coma Canal 13 ou ¡Que serán?. Ademais, é autor do primeiro guión bravú para cine, o da longametraxe “Avante toda!”, pendente de rodaxe.
Paralelamente a toda esta actividade veu colaborando con diferentes xornais galegos desde 1981.Na actualidade é redactor de TVE na Coruña, ó tempo que traballa coma correspondente para “El País”, dirixe a revista “Bravú” e coedita o portal do mesmo nome e escribe columnas para o xornal “La Opinión”, as cales veñen de ser recompiladas por Xerais no volume “Si home si”.
Entre os seus proxectos máis inmediatos está o de “aprender a convivir coa miña nova filla, Lucía” e plantar algo no xardín da súa casa “ou alomenos debería rozar un pouco”. A nivel máis profesional non fai planos inmediatos, aínda que sinala que “será algo para o audiovisual, pero no plano teórico”.
Leva xa arredor de cinco anos navegando, e aínda que nun comezo tiña tendencia a perderse entre as webs, na actualidade emprega a rede para buscar datos concretos, aínda que non deixa de vagar de ligazón en ligazón durante o seu tempo libre. Tamén emprega habitualmente o correo electrónico como alternativa ó teléfono.
Máis sobre “Si home si”
|
| |
http://www.vieiros.com |
"O pai". O barrio (ou a
aldea) na que nacemos e á que lle seguimos fieles, vaiamos onde vaiamos. | | | http://www.bravu.net | | "O fillo". Un proxecto máis para tentar incrementar a oferta, máis que satisfacer a demanda. Os contidos son divertidos e o foro máis: sempre lle boto un ollo porque de cando en vez alguén me insulta, e como dicía de punk, o odio manténnos vivos. | | | http://www.fillos.org | | "O primo serio". Non é que o visite moito, demasiada realidade crúa, pero é un deses proxectos salientables que fan falta e que, consecuentemente, ergueu unha persoa soa, porque si. |
| http://www.softonic.com e http://www.galego21.org | | "Os ciberpadriños". As axudas para conseguir as poucas ciberferramentas que necesito e para axeitalas ó galego, dentro do cativamente, ai!) posible. | | |
http://www.anonymizer.com | | "O Robin Hood" que che axuda a facerche a ilusión de que, se quixeras ou o necesitaras, poderías manter o segredo da e-comunicacións. | | | http://www.imdb.com | | "O tío sabichón": Un recurso para eses tremendos debates sobre quen dirixiu Arsénico, por compasión, ou para coñecer a filmografía completa de Xan das Bolas. |
|