Ushuaia, é a cidade máis austral do planeta, a máis achegada ó continente antártico, a porta do fin do mundo. Chegar a Ushuaia é chegar ao lugar soñado, onde cambian o sol e as estrelas.
As súas belezas naturais son únicas durante as catro estacións do ano e hai lugares onde quizás nunca pisou o home, onde a natureza móstrase en toda a súa dimensión.
Ushuaia está a 3200 quilómetros de Bos Aires, capital de Arxentina, conta con 44.976 habitantes e é a capital da provincia de Terra do Fogo. Conta cun aeroporto moi importante para recibir a turistas de todo o planeta e ademais un porto onde chegan e parten barcos de todo o mundo.
Con máis de 100 anos de existencia non só ofrece unha historia riquísima para descubrir, se non que invita a compartir con quen o desexe os seus bosques, as súas montañas, os seus ríos cristalinos e tódalas súas paisaxes que só poden transmitirse vivindo no fin do mundo ou no comezo de todo.
O clima tende a cambiar dun día para outro, incluso na mesma xornada. En verán a temperatura ten como termo medio 9,6º e o día máis longo ten 18 horas de sol, en inverno a temperatura é de –1º, ou sexa 1º baixo cero, e o día máis corto pois solo ten de 7 a 8 horas de luz...
O que vostedes están vendo na imaxe é a Baía Encerrada, esta baía anteriormente conxelábase e se podía esquiar e patinar sobre ela, logo co transcorrer do tempo e debido a que sobre as rúas da cidade bótase urea- un composto cristalino incoloro-, (para que non se conxelen tanto e así evitar accidentes) e desa maneira se foi perdendo.
Seria moi largo contarlles todo sobre esta marabilla, podería falar moito de ela, pero nesta primeira oportunidade no quero ser moi extenso. Gracias á miña profesión de xornalista deportivo teño a oportunidade de percorrer este país e apreciar as súas fermosas paisaxes.
Outros datos
Ushuaia, á a capital da Provincia de Terra do Fogo, Antártida e Illas Atlántico Sur, (nome derivado da lingua Yámana, que significa " Baía que penetra cara poñente") situada nas ribeiras do Canal Beagle, rodeada polos Montes Martial, nunha baía de singular beleza protexida polos ventos. O Parque Nacional Terra do Fogo está a só 18 quilómetros de distancia da cidade. É a cidade máis austral do mundo, 54º 46" S. Ofrece unha paisaxe única na Arxentina, a combinación de montañas, mar, glaciares, e fragas.
Ten o porto profundo máis achegado á Antártida, utilizado por buques de turismo, científicos e liñas de carga. Como cabeceira do turismo na illa, Ushuaia posúe hoteis e hospedaxes de todas as categorías, e constrúense novos cada ano. Aínda así, a demanda de camas adoita sobrepasar a capacidade hotelera, entón a Dirección de Turismo habilita o servicio de casas familiares que dan aloxamento. Desde novembro a marzo conven reservar hotel previamente. ë un centro importante de deporte de inverno que conta cunha infraestructura moi preparada e de calidade.
Secretaría de Turismo
Maipú 505 - (9410) Ushuaia
Tel.: +54 (2901) 423340 / 421423 Fax.430694
E-mail: info@tierradelfuego.org.ar
Ushuaia - Tierra del Fuego - Patagonia - Argentina
Máis información na páxina de turismo de Terra do Fogo: www.tierradelfuego.org.ar
|