Warning: include(../cult_navg.php) [function.include]: failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 13

Warning: include() [function.include]: Failed opening '../cult_navg.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear') in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 13

Warning: include(2avg_head_negra.php) [function.include]: failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 16

Warning: include() [function.include]: Failed opening '2avg_head_negra.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear') in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 16

Warning: include(avg_nav_griss.php) [function.include]: failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 42

Warning: include() [function.include]: Failed opening 'avg_nav_griss.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear') in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 42
HISTORIA DO CINE GALEGO (1896-1979)
||| AVG ||| O soportal do Audiovisual Galego................{ culturagalega.org }
  INDICE

1.Introducción
2. Periodificación
3. Os Pioneiros (1897-1904)
3.1 Espectáculos pre-cinematográficos
3.2 José Sellier
4. O cine mudo (1905-1930)
4.1 José Gil
4.2 Enrique Barreiro
4.3 Outros
4.3.1 Eduardo Villardefrancos
4.3.2 J. Pradera
  4.3.3 Outros Proxectos
5. O cine na República (1931-1936)
5.1 Carlos Velo
5.2 José Suárez
5.3 Antonio Román
6. O cine na dictadura (1937-1970)
6.1 O cine de emigración
7. O cine afeccionado (1971-1979)
7.1 Grupo Lupa
7.2 Grupo Enroba
7.3 Grupo Imaxe
7.4 Outros
7.4.1 Eloy Lozano
7.4.2 Llorenç Soler
  7.4.3 Carlos Veiga

6. O Cine na Dictadura ( 1937-1970)

Pódese dicir, sen risco a equívocos, que durante a maior parte dos anos que durou a dictadura franquista, o cine galego -á marxe do cine de emigración- non existiu, caendo en máis de trinta anos de silencio. De todos os xeitos, si existiu todo o relacionado co resto de actividades que se engloban na "institución cinematográfica". Durante os anos 40 e 50 houbo o maior crecemento de salas comerciais, xa que o cinema converteuse no maior entretemento dunha época difícil e chea de restriccións. Houbo galegos traballando na producción de películas no cinema español como Cesáreo González coa productora Suevia Films ou tamén dirixindo empresas de distribución como Emilio Baños Santos.

Galicia seguiu reflectíndose en imaxes, pero desta vez cunha perspectiva allea, non propia, tanto en filmes documentais como nos de ficción. Un cine saturado de todo tipo de tópicos, cheo de imaxes distorsionadoras, deformadoras, erróneas,... Un cine que foi denominado, -de maneira moi ocorrente- polo historiador Castro de Paz, como un "cine de gaita e pandeireta".


6.1 CINE DE EMIGRACIÓN
A emigración foi un dos temas máis recorrentes da cultura galega. O cinema de emigración é un xénero cinematográfico excepcional que, en todo o mundo, só se deu na cinematografía galega. Un fenómeno fílmico insólito, que non teñen outras comunidades marcadas por fortes traslados de poboación como poden ser a irlandesa ou a italiana. Un cine destinado a mitigar a morriña dos distintos emigrantes e retornados. Eran películas epistolares, de correspondencia que cruzaban o Atlántico en ámbalas direccións. As comunidades galegas en América (Arxentina, Uruguai, Cuba,…) filmaban os actos sociais que organizaban os distintos centros para que puideran velos os seus veciños en Galicia. E estes contestaban tamén con filmes onde se reflectían festas, romarías, obras financiadas polos emigrantes…

Deste tipo de cine xa fora pioneiro José Gil, que baseou a supervivencia da súa productora na demanda deste tipo de productos. Tralo paréntese da Guerra Civil tívose que agardar ata os anos 50 e 60 para que en Galicia se retomase e estes modelos fílmicos destacando dous directores; Manuel Aríns Torres, nado en Poio en 1920, realizador do filme Un viaje por Galicia (1958) e Tierra de nuestros mayores (1959) e Armando Hermida Luaces, nado en Ribadavia en 1909, director que fixo a película Alma gallega (1966). En América non houbo interrupción, destacando Eligio González "o fotógrafo da colectividade galega" (naceu en Entrimo en 1899), cun numeroso listado de películas:
Galicia en Buenos Aires (1933)
Festa da Sociedade ABC de Corcubión (1933)
Noticiero da emigración (1940)
Salvaterra en Buenos Aires (1941)
Corcubión en Buenos Aires (1942)
Porriño en Buenos Aires (1942)
Entienza en Buenos Aires (1942)
Actualidades del centro orensano (1942)
Otra fiesta del centro orensano (1943)
Baile en el centro orensano (1943)
1º aniversario del centro orensno (1948)
Pazo gallego (sociedade de Lobanes) (1949)
Romería de Hijos de Bujan (1950)
Lalín en Buenos Aires (1950)
Romería de Hijos de Entienza (1950)
Romería da sociedad Valle Miñor (1951)
Asado na Sociedade "Val Miñor" (1954)
Romería da Sociedade de Cambados (1954)
Primer congreso de la emigración gallega (1956)
Centro Gallego en su 50 aniversario (1957)
Interiores del centro gallego.
Un dia na vida do centro gallego
Desfile do 150 Aniversario do nacemento de Argentina (1960)
Descubrimiento do busto de Castelao (1971)
Imaxes de Castelao (1971)
Imaxes rodas entre 1940 e 1950 e que son a base visual da película Castelao de J. Prelorán e Pérez Pardo realizada en 1978.

Bibliografía
NOGUEIRA, Xosé; O cine en Galicia. A Nosa Terra, Vigo, 1997.
PÉREZ PERUCHA, Julio; "A inexistencia do cine galego ou non hai máis cera da que arde". CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia do cine en Galicia. Vía Láctea, Oleiros, 1996.
GARCÍA FERNÁNDEZ, E. C.; "A imaxe cinematográfica durante o franquismo (1940-1970)". CASTRO DE PAZ, J. L.; Historia do cine en Galicia. Vía Láctea, Oleiros, 1996.

 

Warning: include(avg_footer.php) [function.include]: failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 359

Warning: include() [function.include]: Failed opening 'avg_footer.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear') in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 359

Warning: include(../cult_footer.php) [function.include]: failed to open stream: No such file or directory in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 362

Warning: include() [function.include]: Failed opening '../cult_footer.php' for inclusion (include_path='.:/usr/share/pear') in /var/www/html/conculga/html/historia6.php on line 362