Asunto: Poemas galegos

 

Compostela, 11-XII-1954

Meu querido Luís:

Recibín o teu poema. Quérome apresurar a decirche que é realmente bó. Que eu seipa, é o millor poema que nunca se fixo sobre Rosalía. Refrexa unha visión sutil, finísima, da imaxe espiritoal de Rosalía ¡Que gran pena que non te animes a publicar un libro de poemas galegos! Causaría unha gran sensación. E agora que o enemigo Aparicio e outros tan poderosos coma íl teñen teima con perseguir o noso idioma, os poetas –sobre todo os bós poetas– sodes quen millor o pode defender. Un libro de poemas galegos de Pimentel tería máis importanza e máis trascendencia en defensa da língoa galega que todas cantas medidas restrictivas e prohibitivas poida aplicar Aparicio.

Non deixes de pensar nisto, pois sendo como eres o máis alto poeta que hoxe alenta en Galicia, a tua voz non pode permanecer muda diante da persecución do idioma. Os verdadeiros poetas –que hai poucos, moi poucos– tedes o don divino de que a vosa palabra podes destruír por si sola todal-as ruindades das xenreiras políticas.

Eu pensaba todo isto baixo a forte impresión emotiva que me produxo a leitura do teu poema. Por iso cho digo.

Xa sabes que, no meu pasado, fíxose unha última xestión en Madrid para sacar o número de Ínsula adicado ás letras galegas, que estaba estancado na censura. O enemigo Aparicio negouse rotunda e categóricamente. Como eu irei pol-o Nadal, xa falaremos longamente.

Unha aperta moi forte do teu amigo
Piñeiro

 

Ramón Piñeiro : cronobiografía e cartas
Ed. Luís Alonso Girgado, Teresa Monteagudo Cabaleiro
Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Dirección Xeral de Política Lingüística : Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades