on
Novidades na
autores
titulos |
Untitled Document
AUTORES:
Carmen Blanco
|
EDITORIAL:
Edicións Xerais de Galicia
|
|
Atracción total
Unha sorte de caixa de Pandora da que non deixan de saír historias da xénese máis diversa para quen goce coas tramas que se perden e se reencontran, para quen ature o caos e, moi especialmente, para quen saiba remexer, paciente, nun baúl de palabras, ata quedar coas que debe gardar. Carmen Blanco tece a súas redes con dúas premisas: a defensa da liberdade e o feminismo activo. |
|
|
|
Untitled Document
|
|
Os dous concellos dan por fechada a desputa sobre a orixe do autor
A Pobra e Vilanova irmanaranse con Valle-Inclán coma nexo
4 -
9 -
2008
Logo de anos a ser unha fonte de desputas, Valle-Inclán pasará a ser o símbolo que una os concellos da Pobra do Caramiñal e de Vilanova de Arousa. Os alcaldes dos dous municipios anunciaron onte que farán un irmanamento e que deixarán o debate sobre en cal das localidades naceu o coñecidos dramaturgo. Como un dos primeiros actos desta nova época, o rexedor de Vilanova será o protagonista da vindeira ofrenda floral que se lle fará ao escritor na Pobra. Segundo anunciaron os dous alcaldes, este será o primeiro dunha serie de actos que buscan a promoción conxunta da figura de Valle. Malia a que o debate sobre a orixe do autor siga aberto, semella que os foros han que ser outros e non os municipais. Amplía a nova
|
Os autores de “Avós” fixeron numerosas actividades de promoción en Toquio
As editoriais Kalandraka e Faktoría K buscan o mercado asiático en China e Xapón
29 -
8 -
2008
Representantes das editoriais Kalandraka e Faktoría K atópanse na cidade chinesa de Tianjin para participar nunha nova edición da Feira Internacional do Libro de China que se celebrará do 1 ao 4 de setembro. Ambas editoriais buscan reforzar os seus lazos co mercado asiático, non só na exportación de libros, senón tamén na súa tradución, que no caso de Kalandraka xa se materializou con obras como “Renato”, “Paxaros na cabeza” ou “Avós”, esta última do avilés residente en Cambados Chema Heras. En datas coincidentes coa celebración da pasada Feira do Libro de Xapón, o pasado mes de xullo, Chema Heras e a ilustradora de “Avós”, Rosa Osuna, participaron en varias actividades de promoción desta obra, a máis internacional de Kalandraka, traducida a todas as linguas peninsulares, a brasileiro, inglés e a chinés, coreano e xaponés. Os autores impartiron unha charla no Instituto Cervantes de Toquio e participaron en varios actos de presentación do álbum en librarías da cidade, onde mantiveron encontros cos lectores e asinaron exemplares. Tamén se realizou unha exposición das ilustracións orixinais de Rosa Osuna. Amplía a nova
|
Na rede e en papel o novo número do suplemento literario de TEMPOS
Quiosco: Protexta cartografía o universo poético de Chus Pato
27 -
8 -
2008
O número de verán de Protexta, o suplemento de libros da revista Tempos Novos, arrinca cunha proposta a Chus Pato, á que se pediron "vinte e dúas entradas posíbeis que, de Animalidade a RonseltZ, permitisen explorar o que pensa o seu proxecto poético". Protexta, que vai polo sétimo número, tamén presenta unha estensa entrevista ao escritor Bieito Iglesias, que está de actualidade polo seu novo libro Pan e Coitelo. Iglesias declara: "os americanos teñen un exército que universaliza a súa literatura". Ademáis, escritores e xornalistas como Rebeca Baceiredo, Daniel Salgado, Anxos Sumai, María do Cebreiro, Dolores Vilavedra ou María Lado ofrécennos propostas de lectura para o verán. Amplía a nova
|
Os editores voltan da feira do libro brasileira con diferentes acordos
Libros galegos venderanse nas librarías de São Paulo
26 -
8 -
2008
A delegación que os editores galegos enviaron á Feira do Libro de São Paulo voltou da cidade brasileira con varios acordos asinados. A Asociación de Editores asegura que se fecharon tratos para a tradución e posterior edición neste país de obras de autores galegos, e que a maiores libros editados en Galicia poderán adquirirse en diferentes librarías desta grande urbe. Os editores galegos acordaron tamén estudar a súa participación no proxecto São Paulo: Un estado de lectores que pretende dotar as bibliotecas e promover a lectura entre os paulistas. Amplía a nova
|
|
|
|