Teo: Presentación de "Dicionario" Xosé Mª Álvarez Blázquez
Ás 20 horas na Libraria "O Trasno viaxeiro" terá lugar a presentación do libro "Dicionario" Xosé Mª Álvarez Blázquez, de TresCTres Editores. Asistirá Carme Hermida, Concelleira de Cultura de Teo; Antonio Puentes, director editorial; Xesús Alonso Montero, profesor e investigador literario e Ana Acuña, autora do libro.
[
9 de maio ]
A Coruña: Presentación do libro "Corpo baleiro" de Berta Dávila
A Galería Sargadelos acolle ás 20 horas o acto de presentación do libro "Corpo baleiro" (Eds. Espiral Maior) de Berta Dávila. O acto, contará coa participación da autora do escritor e poeta Xulio López Valcárcel e do tamén poeta e editor Miguel Anxo Fernán Vello.
[
10 de maio ]
Vigo: Presentación de "A cidade e os días", de Xosé Mª Álvarez Blázquez
O sábado ás 12 horas, no Salón de Actos do Marco (príncipe 54) Edicións Xerais presenta a nova edición de "A cidade e os días" de Xosé María Álvarez Blázquez . No acto participarán Alfonso Álvarez Cáccamo (en representación da familia do autor), Lalo Vázquez Gil (Cronista Oficial da cidade de Vigo), Ceferino de Blas (director xeral de Faro de Vigo), Manuel Bragado (director de Edicións Xerais de Galicia) e Abel Caballero (alcalde de Vigo).