lg3 > Editoriais

Real Academia Galega

Tabernas, 11 . A Coruña . C.P 15001 .
Tlfno: 981 207 308 . Fax : 981 207 308
Correo : secretaria@realacademiagalega.org
http://www.realacademiagalega.org/
Xeneros Literarios
  Ensaio e Investigación . 2
Coleccións da Editorial
  .
novas relacionadas
oco
Noticias
4 de novembro de 2009
A cita ineludible
10 de abril de 2007
Factoría Teatro estra unha obra que repasa a música de baile mentres comeza o Festival de Teatro Universitario na Coruña
+ Máis noticias relacionadas
oco
ULTIMAS OBRAS CATALOGADAS
Publicacións da 1 á 2 de un total de 2
Varios autores
OS SíMBOLOS DE GALICIA
Xénero: ENSAIO E INVESTIGACIóN
Giuseppe Tavani
Ramón Lorenzo
UNHA PROVENZA HISPáNICA
Xénero: ENSAIO E INVESTIGACIóN
Biblioteca en Rede de LG3
Fonte: culturagalega.org
FUGA E RETORNO DE ADRIáN SOLOVIO
Ramón Villares, Presidente do Consello da Cultura Galega e Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago, leu o seu discurso de entrada na Real Academia Galega o 24 de novembro de 2006 no Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela. O discurso analiza a obra máis emblemática de Ramón Otero Pedrayo, a novela Arredor de sí na que, en palabras de Villares, se percibe “o rastro da educación sentimental dun autor e mesmo dunha xeración que chantou os piares da cultura moderna en Galicia”.
Descarga aquí o documento
Fonte: culturagalega.org
CANTARES DE CANDO O AMOR ERA NOVO
O amor foi o primeiro tema da literatura escrita en galego, hai xa 900 anos. A través de diferentes xéneros poéticos, formados a partir da vella raigame da tradición oral e dos salóns das cortes aristocráticas, os poetas da lírica galego-portuguesa compuxeron centos de cantigas dedicadas ao máis fecundo dos temas literarios da historia.

Le nesta pequena escolma, seleccionada pola catedrática de Filoloxía Románica da USC Mercedes Brea a partir dos Cancioneiros de Ajuda, Vaticana e Lisboa, como naceu o amor na nosa literatura.
Descarga aquí o documento
Fonte: Culturagalega.org
AGARDANDO AS LAGARTEIRAS
Primeira recompilación dos artigos de Rosa Aneiros na sección "Agardando as lagarteiras". Este libro que poderás descargar de balde inclúe todos os seus escritos desde xuño de 2002 até xullo de 2003. Máis de cen páxinas coas súas opinións literarias ou derivadas das súas lecturas.
Descarga aquí o documento
Fonte: culturagalega.org
¿ANXOS OU DIAñOS?
¿Anxos ou diaños? é o título da columna que durante os fins de semana do 2001 e 2002 animou o portal culturagalega.org. Roberto Ribao e Anxos Sumai debateron, en paralelo, sobre os grandes e os pequenos temas. A cotidianeidade, as conversas que poden xurdir en calquera cafetería: unha ollada fresca, intelixente e irónica sobre o noso presente. Este libro, editado só en formato electrónico, recolle tódolos artigos da sección.
Descarga aquí o documento
Fonte: culturagalega.org
NOVIDADES EDITORIAIS
Compendio das novidades editoriais para o outono do 2002
Descarga aquí o documento
Fonte: culturagalega.org
COPLAS DE ENTROIDO DE CECEBRE (1913)
Un pequeno tesouro da nosa sociedade tradicional: un manuscrito de coplas orixinais de entroido redactado en Cecebre (Cambre, A Coruña) polo labrego Eugenio Carro Eiroa, en 1913. No seu tempo foran cantadas por tódolos lugares da zona como acompañamento das comparsas, mesmo participando nos festivais de entroido da cidade da Coruña.

As coplas son enxeñosas burlas e ironías sobre familias e personaxes de Cecebre e reflicten o modo de vida tradicional da época.

O que aquí podes descargar son unha pequena parte dos manuscritos que se conservan de Eugenio Carro, cedidos polo seu neto, Antonio Montero.


Descarga aquí o documento
Fonte: culturagalega.org
AUTOPOéTICA E POESíAS
1991 foi o ano de Álvaro Cunqueiro. A Real Academia Galega decidiu adicar a esta data ó escritor de Mondoñedo. Con motivo desa celebración, o Consello da Cultura Galega decidiu realizar unha preciosista edición facsímile de inéditos e autógrafos de Álvaro Cunqueiro de 500 exemplares numerados. A orixe destes autógrafos está en 1935, cando o Seminario de Estudos Galegos encargou a Filgueira Valverde a preparación dunha antoloxía da poesía galega con motivo do Centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Filgueira dirixiu as súas peticións a medio cento de poetas novos e vellos.

Cunqueiro respostou en marzo de 1936 cun feixe de poemas -oito autógrafos e un a máquina. Dous corresponden a unha estadía, como conferenciante, en Barcelona. Hai poemas en castelán, catalán e tamén galego. Algúns deles ían figurar como partes de obras futuras e outros foron publicados en revistas de poesía.


Descarga aquí o documento
LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org