lg3 > Tertulias da Sección de Literatura do Consello da Cultura Galega

¿Que son as tertulias?
Diálogo. Debate. Confrontación de ideas. Últimas obras. A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organiza na biblioteca da institución tertulias mensuais nas que varios convidados debatirán arredor de temas de actualidade literaria e cultural, tendo en conta as últimas novidades editoriais.
TERTULIAS
Duración 65
Marilar Aleixandre

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta o encontro coa escritora Marilar Aleixandre (Madrid, 1947). A tertulia tivo lugar o xoves 26 de outubro na Biblioteca do CCG.
Duración 62
O escribir ten cancelas: as fronteiras da narrativa

A Sección de Literatura e Industrias da Edición convocou a tres escritores de diferente traxectoria para analizar a incidencia dos xéneros narrativos na creación de obras literarias. Xosé Miranda, Diego Ameixeiras e Ramón Caride achegaron as súas reflexións e experiencias sobre literatura.
Duración 70
A banda deseñada no universo das letras

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organiza esta tertulia sobre banda deseñada. Tres especialistas falan das singularidades da banda deseñada actual e a súa posición no sistema literario. Henrique Torreiro, organizador das Xornadas de Ourense; Kiko Da Silva, autor e promotor da revista “BD Banda”; Kike Benlloch, escritor, guionista de banda deseñada e membro do colectivo Polaqia.
Duración 68
Tomándolle a medida ás letras miúdas

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta a súa tertulia mensual celebrada o xoves 27 de abril na Biblioteca do CCG. O escritor Xavier P. Docampo, a crítica e tradutora Silvia Gaspar e o autor de teatro infantil e membro de Gálix, Carlos Labraña conversaron, xunto cos asistentes, sobre as particularidades da literatura infantil e xuvenil.
Duración 59
As caras do libro

A tertulia mensual da Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta a reflexión arredor do deseño dos libros invitando a tres contrastados deseñadores. Xose Díaz Arias de Castro, Manuel Janeiro Casal e Uqui Permui participan nesta tertulia conducidad por Víctor F. Freixanes.
Duración 70
Ensinar literatura

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega presenta esta tertulia dentro do ciclo de encontros mensuais. Participan Xosé Manuel García Trigo, Xosé Antonio Ponte Far e María Xesús Fernández. Modera Dolores Vilavadra.
Duración 66
Xornalismo literario

Tertulia organizada pola Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega. A mesa fórmase arredor de Helena Villar, Alfredo Conde, Xosé Manuel Pereiro e, como moderador, Xosé López.
Duración 69
Os premios literarios

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou o mércores 21 de decembro de 2005 a súa Tertulia mensual arredor do tema “Os premios literarios” coa participación como invitados principais de Teresa Moure, Belén Fortes e Camilo Franco e con Manuel Bragado como moderador.
Duración
Escribir para o audiovisual

A Sección de Literatura e Industrias da Edición do Consello da Cultura Galega organizou unha tertulia aberta que explora as relacións entre a literatura e a narración audiovisual e na que participarón Ángel de la Cruz, Roque Cameselle e Gustavo Pernas.
Duración 60
Os tempos de Álvaro Cunqueiro

Mesa redonda inserida no ciclo de conferencias que acompaña á exposición "50 anos con Merlín e familia". Xosé Luís Franco Grande e Henrique Monteagudo contextualizan o momento no que apareceu a obra de Cunqueiro e disertan sobre a súa persoa así como de outros dos protagonistas desa época.
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org