A pantasma de Canterville, que lle dá título a este volume de narracións de Oscar Wilde, traducido para o galego por Gustavo Luca de Tena, é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixen-te estudo de carácter de cada un dos membros dunha familia norteamericana, e das súas reaccións ante as aparicións nocturnas do espectro de Sir Simon de Canterville. O volume, ilustrado por Federico Fernández, inclúe ademais outros contos: "O rei novo", "O xigante egoísta", "O rousiñol e a rosa", "O príncipe feliz" e "O crime de Lord Arthur Saville", todos eles tinxidos dun fondo lirismo do que agroma unha promesa de esperanza e de solidarie-dade entre os homes.
Oscar Wilde naceu en Dublin en outubro de 1854 e morreu en París en novembro de 1900. Da súa vida desgraciada tense escrito moito, pero ó cabo o que importa é a súa obra. Como el mesmo dixera "Ó que queira entrar na casa da Beleza non lle hai que preguntar o que quixo facer, senón o que realmente fixo."
[presentación editorial] " />

lg3
inicio » lg3 » 

PUBLICACIÓN


ficha da publicación

» Título: A pantasma de Canterville
» Escritor/a:
   Oscar Wilde
» Escritor/a:
   Gustavo Luca de Tena
» Ilustrador:
   Federico Fernández Alonso
» Ed. Edicións Xerais de Galicia,
» Ano: 2003
» Xénero: Infantil-Xuvenil
» CDU: 82-93=134.4
» IBIC: YF - Ficción e historias reais infantís e xuvenís
» Coleccion: Xabarín de ouro
» Pax: 200
» ISBN: 84-9782-082-7
IMPRIMIR

Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
culturagalega.org | RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.gal
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.gal