lg3 > Todos os libros > Discurso do oso de Julio Cortázar
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Discurso do oso
Autor.
Julio Cortázar
Tradución
Ballesteros Rei, Xosé
Ilustración. Urberuaga, Emilio
Ano de Publicación. 2008
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial.
Kalandraka Editora
Coleccion.
Número de pax. 26
ISBN. 84-8464-658-7
TITULO
Discurso do oso
KALANDRAKA celebra o Día das Letras Galegas e a semana na que se inscribe esta data co lanzamento da primeira tradución ao galego de Julio Cortázar para público infantil. “Discurso do oso”, con ilustracións de Emilio Urberuaga e publicado tamén en portugués, é un relato que pertence ao libro “Historias de cronopios y de famas”, onde o autor arxentino reúne unha serie de relatos imposibles, co humor surrealista que caracteriza o seu estilo narrativo.

Un oso que habita nos canos dun edificio vai descubrindo a estraña e solitaria vida dos seres humanos. Trátase dunha historia asombrosa, fiel expoñente da literatura de Julio Cortázar, que incluiu este relato no seu libro "Historias de cronopios y de famas", considerado polo autor arxentino Alberto Cousté como "unha sorte de ética, disfrazada polo humor e protexida da solemnidade pola tenrura".

Cortázar reúne nesta obra unha sucesión de situacións imposibles, retazos do seu humor surrealista que socavan o racionalismo trivial e mecanizado, cos que expresa a súa rebeldía contra os obxectos e as persoas que constitúen a nosa vida cotiá e a nosa maneira mecánica de relacionarnos con ela.

A palabra "cronopio" xurdiu por primeira vez en 1952, con motivo da crónica dun concerto ao que Cortázar asistiu en París en homenaxe a Igor Stranvinsky. Mentres o público saía no entreacto, o escritor permaneceu no teatro, onda percibiu a sensación de que "había no aire personaxes indefinibles, unha especie de globos que vía de cor verde, moi cómicos, mol divertidos e moi amigos, que andaban por aí circulando".

Deulles ese nome e dixo dos cronopios que "son un pouco a conduta do poeta, do asocial, do home que vive un pouco á marxe das causas", por contraposición ao concepto de "famas", que atribuiu a "grandes xerentes de bancos, presidentes das repúblicas, a xente formal que defende a orde".
[Presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org