lg3 > Todos os libros > A crise irredutible de Alberte Momán
FICHA DO LIBRO
Titulo.
A crise irredutible
Autor.
Alberte Momán
Ano de Publicación. 2009
Xénero. Poesía
Editorial.
edición de autor
Coleccion.
Número de pax. 100
ISBN. 978-1-4092-7110-9
A Crise Irredutible
TITULO
A crise irredutible
A crise irredutible.- Tres formas de achegarse a unha crise moito máis fonda do que unha falta puntual de efectivo nas entidades de creto. Unha crise que afecta aos valores, sempre cuestionables, de conduta social. A ética do traballo e do respecto polos/as que traballan, polos dereitos fundamentais dos pobos a xestionárense de xeito autónomo, da separación dos intereses económicos dos intereses xerais e unha longa lista que se abre paso entre as páxinas desta outra crise, A crise irredutible. A escrita que describe tres épocas distintas. Unha primeira, aló polo ano 2004, Un agora que non quer saír. A verdade, nunca absoluta, sobre un país que creamos como unha cincenta marcada por unha feromonía que a corrompe, sempre dende a inocencia dos máis novos, integrada aínda nunha matriz coa que o tempo, nós mesmos a fomos arroupando. Unha cobertura que leva o noso mesmo ADN, aportándolle os nosos mesmos defectos con nome de sempreadeus. A eterna renuncia dun pobo sen estela propia.
A mediados dun 2008 convulso, buscando unha maneira de expresar a dor por uns acontecementos que superaban toda a racionalidade e coherencia política da presuposta esquerda galega, xorde dun conflito laboral o Síndrome de Estocolmo, a segunda parte d'A crise. Outro tipo de renuncia, desta volta, a toda unha clase. As relacións imposibles como atrainte dun magnetismo insospeitado entre traballador e empresario. Un cambio de visión, por parte do primeiro, recalcitrante, máis burgués que a propia burguesía, menos fillo de labrego que o máis asfáltico urbanita. Un traballador que adopta os canons de comportamento daquel que o mantén debaixo dun sempre hipotético xugo. Da miña cornamenta roma/ sobresae o teu xugo/ alicerce que noutrora nutrira as miñas virtudes. Os comezos deste ano 2009, deron pé ao que eu mesmo considerei unha culminación. As palabras saían das xemas dos meus dedos, evitando a autocensura, para chegar máis alá, para finalizar co traballo comezado anos atrás. Xorde A crise irredutible, última das partes desta crise, e fracción que lle dá nome ao libro. Nela, recóllese un compendio de todo o antedito, mais sen o intimismo propio doutras épocas, para recuncar na crise, nesa crise de anos que nos detivo no tempo, na involución subxacente ás nosas propias decisións como pobo, como traballadores e traballadoras, inmersos nunha globalización que serve de escusa para a eterna derrota, cun desexo asumido de ser como a xente.
[Presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org