lg3 > Todos os libros > A casa máis animada do mundo de Cristina Sáez Cazallas
FICHA DO LIBRO
Titulo.
A casa máis animada do mundo
Autor.
Cristina Sáez Cazallas
Ilustración. Aparicio, Almudena
Ano de Publicación. 2009
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial.
Baía Edicións
Coleccion.
Número de pax. 157
ISBN. 978-84-92630-33-2
TITULO
A casa máis animada do mundo
Esta é a historia da casa encantada que está debaixo do ceo e enriba do mar. Nela viven gatos que foxen do queixo, mouchos que toman o sol, cans que falan, gatos que len, xílgaros fóra da gaiola, tartarugas que andan ás présas, periquitos que escriben e hámsteres que xogan ás agachadas.
A casa ten tres andares. No primeiro viven os cans e mais os gatos, que comparten cuarto de baño. No segundo as tartarugas e os hámsteres, que comparten outro cuarto de baño, e no terceiro os xílgaros e os periquitos, que tamén comparten outro cuarto de baño.
Os únicos que non comparten aseo son os que dormen na planta baixa, a que está máis preto do mar e máis lonxe do ceo, o rato Honorato, que ten baño propio e o moucho Pancho, que prefire para todo o aire libre.
A casa ten na porta da entrada un letreiro que di: «A casa máis animada do mundo»


****
Unha colección de relatos curtos, que, próximos ao xeito de contar da tradición oral, desenvolven historias, que por unha banda, describen vivencias dramatizadas da realidade, e, por outra, que nos achegan o mundo desde a fantasía do imaxinario galego. Cristina Sáez Cazallas, autora, entre outras obras, de Moko, editada por Baía edicións, móstranos a súa habilidade para para introducirse no mundo infantil de forma natural e convincente, ao que axuda de forma complementaria a beleza das ilustracións a toda cor creadas por Almudena Aparicio para poñer imaxes a moitos dos relatos.
[Presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org