lg3 > Todos os libros > Polbo á feira e catro contos máis de Varios autores
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Polbo á feira e catro contos máis
Autor.
Varios autores
Ano de Publicación. 2003
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial.
Casa da Xuventude de Ourense
Agrupación de Libreiros de Ourense
Coleccion.
Número de pax. 62
ISBN. 84-453-3708-4
TITULO
Polbo á feira e catro contos máis
"Polbo á feira e catro contos máis" é o resultado visible da vixésima edición do Premio Ourense de Contos para a Mocidade. Non é esta unha edición calquera, xa que a vixésima vez que se convoca un Premio trae á cabeza instantaneamente toda unha historia de moitos esforzos, moitas ilusións, moitas páxinas, historias e ideas, gañadoras ou non durante case dúas décadas. Estes contos que a continuación se reproducen (Polbo á feira, de Pablo Piñón Dacal -Premio Ourense-, Camiño de esperanza, de Iago Leiras -Accésit-, Unha cuestión de identidade, de Ignacio Mascuñán -Accésit-, Cama ás escuras, de Emma Pedreira - Accésit-, e ¡Ai! Xiana..., de Rita Doallo -Accésit menor de 17 anos-) son os elixidos polo xurado, de entre os máis de corenta presentados por mozos e mozas de entre catorce e trinta anos. E abofé que os lectores e lectoras deste libro saberán apreciar a súa calidade, testemuña indubidable do bo nivel dos concursantes e de que a literatura galega segue cun vizoso estado de saúde, e por moito tempo, dado que o sangue novo segue disposto a fluír polas súas veas.
[limiar do libro]


LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org