lg3 > Todos os libros > Un crocodilo debaixo da cama de Mariasun Landa
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Un crocodilo debaixo da cama
Autor.
Mariasun Landa
Ilustración. Castro Enjamio, Luís
Ano de Publicación. 2004
Xénero. Infantil-Xuvenil
Editorial.
Galaxia
Coleccion. Árbore
Número de pax. 64
ISBN. 84-8288-652-5
Extras do libro
 CRÍTICA
Crocodilite primaveral

TITULO
Un crocodilo debaixo da cama
Cando un ve crocodilos na casa algo vai mal. Algo que un nunca pensou e que tampouco sabe explicar. J.J., o protagonista deste libro, ten un crocodilo que come zapatos. Está debaixo da súa cama. E só el o pode ver. Mal asunto...
Con “Un crocodilo debaixo da cama”, a coñecida escritora Mariasun Landa acadou o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2003, que agora Galaxia edita en galego. Esta novela breve supón unha aposta de Landa por unha literatura infanto-xuvenil contracorrente, diferente, afastada de ideas preconcibidas e dos tópicos. En realidade estamos diante duna obra aberta a calquera lector na que a autora toca temas tan serios e espiñentos como a dificultade da persoa na sociedade actual para atopar un lugar de seu. A soidade, o medo ao fracaso, a depresión e outras pantasmas propias da vida moderna compoñen os fíos argumentais cos que Mariasun Landa teceu esta novela concisa, de estilo áxil e limpo e humorismo -a pesar da temática tratada- desbordante.
“Un crocodilo debaixo da cama” está ilustrado a toda cor por Enjamio, pintor e ilustrador cubano afincado en Galicia desde hai anos, que deu ao prelo algunhas das propostas de ilustracións de libros infantís máis novidosas e chamativas da última década.
[presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org