lg3 > Todos os libros > Tal era vivir de Xosé Vázquez Pintor
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Tal era vivir
Autor.
Xosé Vázquez Pintor
Ano de Publicación. 2004
Xénero. Ensaio e Investigación
Editorial.
Edicións Xerais de Galicia
Coleccion. Crónica
Número de pax. 168
ISBN. 84-9782-191-2
TITULO
Tal era vivir
“Tal era vivir” é a terceira e última entrega dos ensaios antropolóxicos que Xosé Vázquez Pintor comezou en “Os vellos oficios” e continuou con “A tribo sabe”. O autor achégase á vida dos colmeiros que preparan o teitado das últimas pallozas do Cebreiro e dos canteiros ou pedreiros do Campo de Xastre, en Agolada, que labraban a fermosa arquitectura das fontes e feiras de Galicia, ao tempo que recupera a fala dos arxinas de Cerdedo e dos mestres da pedra de máis sona das terras de Montes; dá conta dos labores e da fala dos cesteiros ou bogardes de Mondariz e dos cereiros ou borreiros (xeralmente tamén capadores) de Forcarei. O traballo dos encadernadores de Viveiro, dos ferradores de Penaporrín e dos aceiteiros de Quiroga son igual-mente reconstruídos a partir dunha memoria viva aínda conservada polos artesáns destes vellos oficios de noso. Particular importancia ten no volume a recuperación das carreiras do cordel, a actividade artesanal de confección de cabos e cordas, empregados en oficios agrarios e mariñeiros, que se desenvolve na parroquia de Meira do concello de Moaña. O volume inclúe un completo apartado fotográfico e un apéndice onde se recollen a fala ou xerga dos arxinas de Pontevedra e o dos cesteiros de Mondariz.
[Presentación editorial]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org