lg3 > Todos os libros > Meniña de cristal de Iria López Teijeiro
FICHA DO LIBRO
Titulo.
Meniña de cristal
Autor.
Iria López Teijeiro
Ano de Publicación. 2005
Xénero. Narrativa
Editorial.
Biblos clube de lectores
Coleccion. Mandaio
Número de pax. 173
ISBN. 84-934126-6-X
Extras do libro
 CRÍTICA
Outra vaca no millo, ou de como “eu tamén teño sentimentos encontrados”

TITULO
Meniña de cristal
A mediados do verán, Xiana marcha da súa cidade compostelá cara un pobo norteño, un universo novo e descoñecido onde a vida leva un ritmo propio. A comezos do outono, deixei o meu pobo norteño para viaxar ata a Casa Grande do Bachao, preto de Compostela, e a vida comezou a andar ao seu propio ritmo. Tiña entón unha maleta chea de papeis desordeados, dos bosquexos de seres inexistentes, dun feixe de boas intencións, un frasco de ilusións sempre renovadas e a absoluta certeza de que aos 24 anos é máis ca improbábel que algo así suceda. Pero sucedeu. E alí estaba eu, sen acabar de crelo aínda, nun deses fantásticos lugares onde as pedras saben máis ca un mesmo porque xa o viron todo, cun escritor que semellaba estar de volta mentres eu aínda andaba perdida no camiño. É complexo describir o acontecido neste último mes no que me vin mergullada nun mar de palabras, de tal xeito que ata eu mesma tiven o senso de mudar ás veces en obxecto abstracto.
Se procuro lembrar, sinto máis dor que ledicia –ninguén dixo que esta fose tarea sinxela-, e a amargura de ter esvaecido do mundo durante un mes enteiro para cederllo a uns seres que deixaron de ser alleos. Pero pagou a pena. E o certo é que este mes nunca será meu, senón deles: de Xiana, de Lois, de María, de Xaquín… Dos personaxes que foron tomando forma á marxe da que se supuña era a súa creadora e que, nalgún intre aínda indefinido, deixaron de me pertencer. Poida que no instante no que Ferrín –ao que eles mesmos deberían dar en chamar padriño- falou deles fóra do meu maxín e eu aprendín a escoitalos, a sentir á fin que eran ceibes, incluso un chisco reais. Pequei de soberbia ao crer que sería quen de lles dar forma. De feito, penso ás veces que eles me deron forma a min, e hoxe, na maleta coa que torno desta peculiar viaxe, xa case non levo nada porque eles quedaron con todo; apenas un feixe de boas intencións, un frasquiño de ilusións sempre renovadas –diso nunca falta- e a certeza de que, de cando en cando, por non dicir as máis das veces, a realidade supera á ficción.
[Presentación da autora]

LG3- culturagalega.org
lg3 Información
Novas
Reportaxes
Documentos
Certames
Eventos
Recensións
Catálogo
Todos os libros
Ultimo mes
Autores
Editoriais
Extras
Lecturas
Ligazóns
Tertulias
Acerca de Lg3
Que é LG3
Créditos
Correo
 
culturagalega.org Información
Arquivo
Eventos
Especiais
Temas do dia
Zona Cultura
Fin de Semana
Axenda
Certames
Biblioteca
Zona Rss
Soportais
LG3 - Literatura
MeGA - Música
AVG - Cine
BD - Banda Deseñada
Interactividade
Propostas de temas
Boletins
Enviar actos
Enviar certames

Correo da redacción
Mapa do Sitio
Axuda
Nós
O equipo do portal
Aviso legal
Licenza de uso
 

Consello da Cultura Galega. (www.consellodacultura.org)
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Contacto: Tfno: 981957202 / Fax : 981957205 / e-mail: redaccion@culturagalega.org