Ti estás aquí > Inicio / DISCO / O gaiteiro Pablo Seoane presenta o seu segundo disco no que usa a dixitación pechada
O gaiteiro Pablo Seoane presenta o seu segundo disco no que usa a dixitación pechada
xullo 27, 2007
O gaiteiro Pablo Seoane presentará oficialmente durante as Festas do Apóstolo de Compostela o seu novo traballo discográfico “Fluíndo en pechado”. Este segundo disco de Seoane, foi gravado nos estudios de produción da Radio Galega, e está editado polo selo “Leilear”. O disco púxose á venda o pasado 1 de xullo. “Fluíndo en pechado” é un traballo con 14 temas baseado na música de raíz galega, especialmente na dixitación “pechada”, a cal estivo practicamente en desuso debido a grande dificultade, tanto de interpretación como de afinación e interrelación con outros instrumentos. O concerto no que presentará oficialmente este disco será ás 22:30 horas na Praza do Toural. Pablo Seoane, acadou no 2002 o terceiro posto do trofeo McAllan de gaita do Festival Internacional de Música Celta da localidade francesa de Lorient.
Tamén che pode interesar:
- 15/ 6/ 2009 | Carlos Núñez descobre Brasil
- 6/ 8/ 2008 | Pablo Devigo consegue o trofeo McCrimmon do Festival de Lorient
- 8/ 1/ 2008 | Publícase o concerto de fin de carreira do primeiro gaiteiro titulado superior
- 20/ 8/ 2007 | O gaiteiro Pablo Devigo fíxose co premio da Festa do Gaiteiro de Soutelo de Montes
- 22/ 2/ 2006 | O gaiteiro Iván Costa interpreta todos os instrumentos e leva a produción no disco “Ávrego” editado por Cumio


