Cristina Pato presenta o seu novo traballo The Galician Connection
febreiro 10, 2010
Nove anos despois do seu anterior disco en solitario, a gaiteira e pianista Cristina Pato lanza un novo traballo coa súa discográfica habitual, Zouma Records. The Galician Connection é o titulo deste álbum que desde o selo ourensán presentan como “ un disco íntimo, maduro e introspectivo” que segundo eles mostra “a madurez dunha artista que soubo evolucionar”. Pato ven ademais de ser parte galardoada na cerimonia dos Grammy por ter participado no disco Yo-Yo Ma and Friends: Songs of Joy and Peace que acaba de obter un destes galardóns como "Best Classical Crossover Album". Para The Galician Connection a gaiteira contou coas colaboracións de Rosa Cedrón, Victor Prieto Trío, a mezzosoprano canadense Patrice Jegou, o violín de Javier Cedrón e o seu cuarteto de corda, o bouzouki de Carlos Beceiro e unha longa lista. de amigos e artistas, incluíndo aos membros habituais da súa banda Laura Amado (voz) ou David G. Outumuro (percusión), Raquel Pato e Xan Padrón. O disco, gravado entre Nova York, Madrid, Galicia e Lisboa, é unha produción íntegra da propia Cristina Pato que ofrece 12 temas de autor compostos por Cristina Pato, Victor Prieto, Xan Padrón, Rosa Cedrón e Raquel Pato entre outros. Os temas teñen o seu título en galego tamén traducido ao inglés.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 2/ 2010 | Cristina Pato participa nun disco premiado co Grammy
- 6/ 10/ 2008 | Cristina Pato colabora no novo disco do violoncellista Yo-Yo Ma
- 14/ 8/ 2007 | Brath, Cristina Pato ou GalegoZ son algúns dos grupos que reciben axudas á difusión do IGAEM
- 28/ 3/ 2007 | Zouma saca unha edición especial de disco e dvd da banda de Cristina Pato xunto con Mutenrohi
- 16/ 6/ 2005 | Víktor Flores representa a Galicia no Festival Sónar mentres Cristina Pato se traslada a Nova Jersey


