Notice: Undefined variable: subtit_related in /var/www/html/cultura/html/mega/noticia.php on line 30 - (2012) | CLáSICA/LíRICA || MeGA || música en galicia

Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Vilagarcía acollerá a III Mostra Musical do Eixo Atlántico

ESTá CONFIRMADA A PRESENZA DE 14 CONCELLOS CO PRAZO DE INSCRICIóN AíNDA ABERTO

Vilagarcía acollerá a III Mostra Musical do Eixo Atlántico

CLáSICA/LíRICA | febreiro 10, 2012

imaxe non dispoñible

Coa intención de favorecer o intercambio entre intérpretes musicais de Galicia e Portugal, Vilagarcía asume a organización da III Mostra Musical do Eixo Atlántico. A reponsable de Educación do Concello presentaba onte a nova edición deste evento, que contará coa presenza xa confirmada de músicos de catorce entidades locais desta organización. Na última edición reuníronse arredor de douscentos participantes, e prevese un incremento na participación.

Co fin de aforrar custos, o encontro centrará a súa actividade no Auditorio Municipal da Vila, no lugar de rotar polos diferentes concellos participantes. A Mostra transcorrerá entre o 12 e o 13 de maio, e está aínda aberto ata o vindeiro cinco de marzo o prazo para participar no mesmo, o que fai prever que se incremente a participación final.