O Festival de Lorient 2015 terá unha ampla presenza galega
abril 17, 2015
A 45 edición do Festival Intercéltico de Lorient, que se celebrará entre os vindeiros 7 e 16 de agosto en Bretaña acaba de anunciar o seu programa. No mesmo constátase unha presenza galega superior á dos últimos anos, composta por Carlos Núñez, Rosa Cedrón, Talabarte, Radio Cos, Edelmiro Fernández, Pedro Pascual e mais a Banda de gaitas de Barbude. Así, Núñez actuará no Espace Marine o 13 de agosto, mentres Cedrón visitará o Grand Théatre o día 11 e Talabarte e Radio Cos achegarán cadanseus dous concertos.
Tamén che pode interesar:
- 1/ 8/ 2022 | Unha ampla delegación galega visitará o Festival Intercéltico de Lorient
- 16/ 7/ 2014 | Seis grupos representarán a Galicia no Festival de Lorient
- 27/ 7/ 2009 | O Festival Celta de Lorient estreará un documental sobre a estadía de Castelao na Bretaña
- 6/ 8/ 2008 | Pablo Devigo consegue o trofeo McCrimmon do Festival de Lorient
- 26/ 5/ 2006 | Hoxe comeza en Vigo o festival Sinsal e en Vilagarcía o do Norte, mentres Carlos Núñez e Susana Seivane confirman que irán ao de Lorient