Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Esquíos voltan con Nunca choveu que non escampara

O NOVENO DISCO DA BANDA ACHEGA ONCE TEMAS GRAVADOS AO VIVO

Esquíos voltan con Nunca choveu que non escampara

ROCK | marzo 1, 2017

nunca_choveu_que_non_esquios.jpg

O Pub Invictus da estrada acollerá este sábado a presentación do novo disco da banda Esquíos. Nunca choveu que non escampara será o noveno álbum desta prolífica banda de punk rock na súa década longa de existencia. Para a gravación do disco a banda repetiu nos estudios Bonhan da Coruña, onde xa fixeran o anterior traballo, e o proceso fíxose ao vivo. Aínda que manténdose fieis nas letras ao seu espírito de crítica social e combativa a banda asegura que este LP e o "máis variado e posiblemente máis melódico e psicodélico" dos seus traballos e que con entran nun novo estilo que dan en chamar "rock psicotrónico". Tras desta presentación Esquíos actuarán o vindeiro 8 de marzo na Sala Malatesta de Santiago, como parte do programa do festival Desafogha.



datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer