Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Ouvirmos recupera a compositora Eugenia Osterberger

UN LIBRO-CD PRESENTA QUINCE PEZAS PARA VOZ E PIANO DESTA CREADORA DA BELLE ÉPOQUE

Ouvirmos recupera a compositora Eugenia Osterberger

CLáSICA/LíRICA | marzo 3, 2017

Eugenia_Osterberger_Ouvirmos.jpg

Quince composicións para voz e piano é o legado sonoro da compositora Eugenia Osterberger que recupera a editora Ouvirmos no seu último lanzamento. Eugenia Osterberger: A compositora galega da Belle Époque (1852-1932) é o título do libro-CD no que reivindica unha creadora que contribuíu "de forma singular á creación dunha música galega académica de raíz popular. Participou de forma activa na vida cultural e social da Coruña e Compostela e foi académica correspondente da Real Academia Galega desde a súa fundación". Para alén das pezas que agora se recuperan, a autora tamén realizou composicións para piano. Beatriz López-Suevos, Rosario Martínez Martínez e Susana de Lorenzo asinan unha obra na que se fai un repaso pola vida e o traballo de Osterberger. Un concerto no Círculo Recreativo Cultural do Porriño acollerá o concerto de presentación deste traballo, no que Susana de Lorenzo e Beatriz López-Suevos, voz e piano, interpretarán todo o contido do disco.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer