Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Un total de 449 proxectos compiten nos IV Premios Martín Códax da Música

OS MEMBROS DE MúSICOS AO VIVO VOTARáN OS FINALISTAS AO LONGO DESTE MES

Un total de 449 proxectos compiten nos IV Premios Martín Códax da Música

MISCELáNEA | marzo 6, 2017

imaxe non dispoñible

A estabilidade marca a participación da cuarta xeira dos Premios Martín Códax da Música. A Asociación Músicos ao Vivo, que coordina anualmente estes galardóns, recibiu un total de 449 inscricións, unha máis que no pasado ano, para optar ás dezaseis categorias existentes na convocatoria. Ramón Bermejo, voceiro do colectivo, valorou moi positivamente a cifra a sinalar que amosa "o indiscutible potencial e diversidade musical de Galicia", afianza a asociación "como a casa común d@s músic@s galeg@s" e fai desta "a edición do asentamento" dos premios. Ademais, lembrou que nesta ocasión non se poden presentar ao certame proxectos premiados na última edición. En total son 386 grupos, 17 salas, 24 festivais e 21 medios de comunicación os que optan a facer con algún dos galardóns. Ábrese agora o prazo de votación para que os membros de Músicos ao Vivo seleccionen os traballos finalistas, entre os que un xurado escollerá os gañadores. Os premios entregaranse o vindeiro 3 de maio nunha gala no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A seguir a liña de anteriores edicións, o rock segue a ser a categoría con máis escritos, un total de 68, mentres o pop/indie mantense tamén entre as máis numerosas con 47. A canción de autor, que viu un grande incremento de inscritos no pasado ano, continúa tamén nos postos de cabeza, con 39 músicos en competición. A organización, como en anos anteriores, recoñeceu que os 11 proxectos apuntados na categoría de Música de Tradicional e os 8 inscritos na de Música de Verbena "non reflicten a riqueza e a inxente cantidade de proxectos deste tipo que existen en Galicia", e recoñeceu que en xeral "os inscritos son só a punta do iceberg" do panorama, animando á participación do sector de cara a vindeiras edicións.

Tal e como lembrou Bermejo, a alta participación fai do web dos premios "a plataforma da música galega máis importante do momento", con información sobre múltiples proxectos activos fornecida polos seus propios protagonistas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer