Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / The Soul Jacket presenta 'VOL.III' o seu traballo máis sureño

A BANDA PRESENTA O FORMATO FíSICO E INICIA XIRA ESTE VENRES EN VIGO

The Soul Jacket presenta 'VOL.III' o seu traballo máis sureño

JAZZ/BLUES | marzo 13, 2017

not_27247.jpg

The Soul Jacket VOL. III o novo traballo da banda viguesa xa está dispoñible en formatos dixitais e esta semana preséntase en concerto coincidindo coa súa saída en formato CD digipack e nunha edición limitada en vinilo. Once temas tras unha enigmática portada sen título nin referencia,cantados en inglés e gravados en directo nos estudios Guitar Town en Cantabria coa asistencia de Hendrik Rover como nos anteriores dous traballo da banda. O álbum foi masterizado nos estudios Golden Mastering de California. Neste VOL. III a banda achégase máis aos sons sureños do folk e blues americanos psicodelia e country rock, máis afastados de outras influencias funk que estaban presentes nos traballos anteriores. Á saída á venta do disco físico será o venres 17 de marzo en Discos Elepé e esa mesma noite comeza a xira de presentación en La Iguana Club onde estarán dúas noites tras das que irán facer un concerto en Londres. Será a finais de abril, o 28, cando volverán a estar en terras galegas actuando en Lugo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense presentando este novo traballo.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer