Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival SonRías Baixas ofrece 15 bandas no seu 15º aniversario

O EVENTO MUSICAL DO VERáN DE BUEU VEN DE PRESENTAR O SEU CARTEL PECHADO

O Festival SonRías Baixas ofrece 15 bandas no seu 15º aniversario

ROCK | marzo 16, 2017

imaxe non dispoñible

Co cartel xa pechado chegará á primavera o festival de verán SonRías Baixas. A cita que se celebrará en Bueu entre o 3 e o 5 de agosto deu a coñecer esta semana os últimos nomes que completan a súa oferta musical. O Festival SonRías Baixas celebra a súa 15ª edición por todo o alto, con 15 bandas galegas, españolas e internacionais. O evento ofrece a delirante combinación de ska, punk, reggae, dub e folclore dos bosnios Dubioza Kolectiv; o dub do rei da remestura Mad Professor; a descarga enerxética dos valencianos Zoo; o ska combativo dos Dakidarría; o blues experimental dos Guerrera e o tributo aos Extremoduro dos cacereños Pedrá. Todos estes súmanse aos xa anunciados Todos Tus Muertos, Estopa, Amparanoia, SES, Narco, ao proxecto persoal do cantante de El Puchero del Hortelano, ARCO, nun cartel amplo e diverso que completarán as bandas gañadoras do concurso Sonidos Mans e máis o Dj SonRías. Rock, punk, rumba, rap, reggae, ska, dub, blues, e música de raíz conforman así un menú musical en todo caso cheo de enerxía, que vai do máis popular ao máis alternativo e co que o SonRías Baixas celebrará a súa 15ª edición tras o éxito acadado o pasado ano no que conseguíu un novo record de asistencia reuníndo a 16.500 persoas, que supuxeron para Bueu unha inxección económica de 1.200.000 euros. As entradas para esta edición do Festival están á venda na web e máis nos puntos de venda físicos por 35,5 € máis gastos.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer