Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Gramola Gominola volve con Cancións para desafinar

AS VARIANTES DO ROCK COLLEN PROTAGONISMO NO NOVO áLBUM DA BANDA

A Gramola Gominola volve con Cancións para desafinar

INFANTIL | abril 6, 2017

cancions_para_desafinar_gramola_gominola.jpg

Xusto cando se fan dous anos do seu primeiro álbum, A Gramola Gominola presentaba cun concerto no Salón do Libro de Pontevedra o pasado 1 de abril o seu segundo lanzamento. Cancións para desafinar achega trece novos temas nos que a banda máis rockeira para o público familiar explora diferentes estilos, desta volta arredor do rock. Surf-rock, punk, rock, gospel, hard-rock, funk, latin-rock ou rockabilly atópanse en temas como Canción para desafinar, a A Fábrica de Carmela, Pita Récords ou A Avoa Fina e o seus "tres ferrados de forza". Iago Romero corre coas ilustracións do libro-CD que publicar Galaxia dentro da súa colección Sonárbore. A Casa da Cultura do Milladoiro (Ames) acolle o 5 de maio o vindeiro concerto do grupo, que continuará xira por Ourense o día 21 do mesmo mes.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer