Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Festival da Luz presenta a súa sexta edición e confirma 27 actuacións

A ENTRADA SOLIDARIA IRá DESTINADA ESTE ANO A ONCOMET PARA A INVESTIGACIóN DA BIOPSIA LíQUIDA

O Festival da Luz presenta a súa sexta edición e confirma 27 actuacións

MISCELáNEA | abril 6, 2017

imaxe non dispoñible

A localidade coruñesa de Boimorto volverá acoller por sexto ano consecutivo o Festival da Luz, evento musical e solidario que esta mañá presentou na Fundación Paideia Galiza da Coruña os primeiros 27 grupos e artistas dun cartel que, como nas anteriores edicións, se caracteriza pola súa gran variedade de estilos e procedencias. Luz Casal, impulsora do evento, e Farruco Castromán, da produtora Zircozine, confirmaron as actuacións do grupo británico Dr. Feelgood, os españois Mago de Oz, Jarabe de Palo, Rulo y La Contrabanda, León Benavente, Guadalupe Plata, Diana Navarro, Depedro, No Me Pises que Llevo Chanclas, Chimo Bayo, Los Vinagres, Rufus T. Firefly, La Fuga, Morgan e Aries, e os galegos Treixadura, Os Amigos dos Músicos, Eladio y Los Seres Queridos, Terbutalina, Riff Raff, Familia Caamagno, Santiaguiños de Boimorto, Xoán Curiel, The Funkles, Tanxugueiras, Primordiais e Andhrea & The Black Cats. Nos vindeiros meses haberá máis confirmacións. A asociación Oncomet será a beneficiaria da entrada solidaria do Festival, que se destinará ao proxecto de financiamento da investigación da Biopsia Líquida. O evento terá lugar entre os días 8 e 10 de setembro.

A sexta edición fortalece aínda máis o formato do festival mantendo as súas dúas principais iniciativas para novos talentos: Cultivando Música e Cultivando Deseño. Tras do éxito da primeira edición terá lugar durante a mañá do sábado a carreira pedestre Cultivando Deporte (organizada por Nosportlimit) que une a localidade de Boimorto co recinto do festival nun percorrido único e a Carpa de Cine e Teatro onde se porán en escena monólogos e proxectaranse documentais musicais. Volverá tamén a celebrarse durante o festival o Mercado da Luz con produtos artesanais, gastronomía, mostras tradicionais e unha área de carácter divulgativo con case vinte propostas e empresas da provincia de A Coruña. O mercado albergará este 2017 un novo escenario acústico e intimo para bandas e artistas noveis, cun área de descanso propia para os asistentes.A entrada solidaria costa 10€ un día e 15€ os dous días.As entradas atópanse xa á venda, a través do servizo de venda de Instant Ticket (Atópalas aquí) e en puntos de venda habituais como: A Reixa Tenda (Santiago de Compostela), Viaxes Galitur (A Coruña), Viaxes Galitur (Ferrol), Discos Elepé (Vigo), Carnaby (Pontevedra), Peggy Records (Ourense) y Don Disco (Lugo).

Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer