Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Surfing the Lérez presenta cartel completo

MIñO XUNTARá MOTOS E ROCK NO NOVO EVENTO FREE RIDERS

Surfing the Lérez presenta cartel completo

MISCELáNEA | maio 3, 2017

imaxe non dispoñible

O festival pontevedrés Surfing The Lérez, nominado aos Premios Martín Códax da Música que se desvelarán hoxe, ven de presentar xa o cartel completo da súa vindeira edición. Na sétima das súas convocatorias o Surfing The Lérez reunirá a trece bandas o 17 de xuño na Illa das Esculturas. O festival, que xa tiña anunciados a BALA, Pájaro Os Amigos dos Músicos Glitter&Litter, Dois e Los Vinagres, une agora a esta lista a outros nomes que se escribirán na liña de cabeza do cartel: os londinenses Lucy and The Rats, Los Deltonos e Malandrómeda. Ademais tamén estarán en Pontevedra The Soul Jackets, Tiki Phantoms, Los Bengala e Monrovia. A cita musical é de entrada de balde. Na súa edición de estrea está o Free Riders, unha cita vencellada ao mundo das motos, concretamente ao “enduro”, na localidade coruñesa de Miño. O Free Riders celebrarase na praia de Miño entre o 24 e o 27 de agosto e, ademais de moitas actividades motorísticas ofrece un amplo cartel musical no que agoraq mesmo xa hai 10 bandas e 5 Djs confirmados e aínda quedan. A cita, eminentemente roqueira ofrecerá as actuacións de The Godfathers, Imperial State Electric, Sex Museum, Eddie and the Hot Rods, Mad Martin, D30, Hellbuckers, Lou Reyes & Rockin Corsarios, The Artificieros e Bellychains.

A cita de verán de Ponteceso, o festival V de Valarés, tamén deu esta semana novas confirmacións a engadir ao seu cartel. No evento da praia da Costa da Morte únense agora os ourensáns Os amigos dos músicos (tamén candidatos este ano nos Premios Martín Códax da Música) ; Terbutalina e Bifannah. Estes artistas engádense así na 11ª edición do festival aos xa anterioremente confirmados El mató a un policía motorizado, White Bats The New Raemon e McEnroe.O festival celébrase so días 18 e 19 de agosto.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer