Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Xulio Lorenzo presenta o seu primeiro traballo en solitario 'Cantos da ialma'

O TEATRO AFUNDACIóN DE VIGO ACOLLE ESTE SáBADO O CONCERTO DO GAITEIRO DE MOS

Xulio Lorenzo presenta o seu primeiro traballo en solitario 'Cantos da ialma'

FOLK | maio 15, 2017

not_27480.jpg

O gaiteiro e compositor Xulio Lorenzo presentará en concerto o vindeiro sábado en Vigo o seu primeiro disco en solitario Cantos da ialma. Doce temas de composición propia xurdidos en distintos momentos da súa extensa traxectoria tanto no país como nas súas experiencias internacionais desde 2011 e nos que Lorenzo lúcese cos súas composicións na gaita, na frauta ou no whistle. Foi ao rematar 2015, despois de dúas xiras por Brasil cona agrupación Gaiteiros de Lume (coa que participa na gravación do segundo álbum) e polo sur de Italia da man do grupo Napolitano Brigan, cando Xulio Lorenzo, natural de Mos, decide comezar a deseñar o seu primeiro traballo discográfico que este mes presenta en concerto aínda que xa leva un tempo dispoñible en tendas. Para a elaboración deste disco Lorenzo rodeouse dunha banda formada por Paco Dicenta (baixo eléctrico), Ioana Pérez (violín), Diego Bea (guitarra), Roberto Comesaña (acordeón), David Outumuro (percusións)e Alberto Vilas (piano). Pero ademais no álbum conta con importantes colaboracións nalgúns temas como Bieito Romero (Luar na Lubre), Marcos Campos ( Crema de Gaita, Riobó), Pedro Fariñas (Trim, Transilvanians), Noelia Alvarez Rodriguez-Osorio ( Two in the Mirror, Aretha Franklin Tribute Band), Marisé Balado (Arume, Orquesta folk Sondeseu), Francesco Di Cristofaro (Brigan Italia), Alberto Vilas ( Tangata, Alberto Vilas Quartet) e a Banda de gaitas Xarabal. O vindeiro sábado día 20 Xulio Lorenzo e compañía estará presentando en directo Cantos de ialma Teatro Afundación Vigo ás 21 horas.


Xulio Lorenzo - Cantos da Ialma from Xulio Lorenzo on Vimeo.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer