Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / A Banda dos Cueiros presenta libro-disco

A FORMACIóN NACEU DO ESPAZO LECTURA DE GONDOMAR

A Banda dos Cueiros presenta libro-disco

INFANTIL | xuño 21, 2017

not_27616.jpg

A Banda dos Cueiros, o grupo de música infantil nacido das actividades de Espazo Lectura de Gondomar cun proxecto musical que se enmarca dentro do proxecto xeral de fomento da lectura da asociación, ven de presentar o seu libro-disco de título homónimo á formación. O grupo está formado por seis persoas: dúas delas cantan e fan coreografías, e as catro
restantes fan coros, tocan a guitarra, o acordeón diatónico, frautas, clarinete e
percusións. Aínda que nun comezo o seu repertorio se restrinxía a temas para bebés de 0 a 3 anos,pouco a pouco foron abrindo o espectro de idade e na actualidade as pezas que
interpretan cobren un abano que vai dende os 0 ata os 7 anos, aproximadamente.
O disco recolle temas de composición propia, versións actuais de melodías xa clásicas, adaptacións musicais de contos e poemas da literatura infantil e xuvenil galega, reinterpretacións de cancións e ladadíñas da tradición oral. As pezas empregan basicamente o galego, pero tamén outras linguas como o portugués, inglés, italiano ou o alemán .

A Banda dos Cueiros é un proxecto de música infantil que nace en febreiro de 2013 no seo da Asociación Espazo Lectura de Gondomar, e máis en concreto como reforzo das sesións da actividade Contos en Cueiros. O disco está organizado en catro bloques temáticos (as rutinas, os afectos, os animais e as partes do corpo) e pretende ser unha ferramenta lúdica e didáctica que contribúa ao desenvolvemento das nenas e dos nenos. Ademais de en diferentes sesións de Espazo Lectura, A Banda dos Cueiros leva actuado en varias escolas da Galiña Azul e de Educación Infantil, no Festival Surfing the Lérez, na Feira Culturgal das Industrias Culturais de Galicia ou no acto de entrega dos Premios Xerais de Literatura, entre outros eventos
.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer