Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A Ópera da Coruña volve ao Teatro Colón

AMIGOS DA ÓPERA HOMENAXEARá A ÁNGELES GULíN E ALBERTO ZEDDA NO SEU PROGRAMA

A Ópera da Coruña volve ao Teatro Colón

CLáSICA/LíRICA | xuño 30, 2017

imaxe non dispoñible

A programación lírica da Coruña continúa sen se recuperar dos importantes recortes que sufriu no pasado ano. Se entón pasou de contar 1,2 millóns e euros a só 500.000, na vindeira temporada a Asociación de Amigos de Ópera desenvolverá o seu programa con arredor de 400.000. A montaxe de Un ballo in maschera de Verdi, na que colabora a Axencia Galega das Industrias Culturais, preséntase como un dos pratos fortes desta xeira. Poderá verse os días 1 e 3 de setembro no Teatro Colón, que pasa a centralizar o programa por mor das obras no Pazo da Ópera. Canda a ela, destaca Lucrezia Borgia, de Donizetti, semiescenificada no mesmo escenario o día 23.

A asociación redenralle homenaxe á soprano Ángeles Gulín co recital De Verdi a Wagner: lo que mi madre cantó y lo que le habría gustado cantar a cargo da súa filla Ángeles Blancas Gulín. A memoria de Alberto Zedda, terá tamén o seu oco no programa cunha gala lírica o 9 de octubre coa Orquestra Sinfónica de Galicia e o Coro Gaos dirixidos por José Miguel Pérez Sierra.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer