Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Ferrol e Mugardos organizan o primeiro festival Jazz na Ría

OS DOUS CONCELLOS COLABORAN E OS CONCERTOS TERáN LUGAR NAS DúAS BEIRAS

Ferrol e Mugardos organizan o primeiro festival Jazz na Ría

JAZZ/BLUES | agosto 1, 2017

imaxe non dispoñible

Os concellos de Ferrol e Mugardos veñen de unir as súas forzas para sacara adiante a primeira edición do Festival Jazz de Ría para os días 19 e 20 de agosto. O evento, que terá concertos nas dúas beiras da ría representadas nos dous concellos, pretende por en valor a riqueza musical e paisaxística destes lugares. Serán en total catro os concertos que se celebrarán, dous na sesión vermú en Mugardos e os outros dous á noite en Ferrol. En todos os caso se trata de agrupacións ou artistas vencellados a este entorno. A xornada do sábado 19 de agosto será inaugurada por EJAZZ, Premio Martín Códax da Música, no Porto de Mugardos desde as 13 horas. Alberto Vilas Quartet, será o que remate o programa do día na outra beira, no Porto de Ferrol a partir das 21:30 horas. O domingo 20 de agosto arrancará coa actuación no Porto de Mugardos (13.00 horas) de Pablo Seoane, pianista ferrolán, en compañía do contrabaixista cubano Jose María Díaz. O trío SUMRRÁ porá o colofón a esta primeira edición do Jazz de Ría no Porto de Ferrol ás 21:30 horas.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer