Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Xabier Díaz e Luar na Lubre encabezan a numerosa presenza galega no festival de Lorient

A DELEGACIóN GALEGA DO INTERCELTIQUE ESTARá CONFORMADA POR ARREDOR DE 150 MúSICOS E BAILADORES

Xabier Díaz e Luar na Lubre encabezan a numerosa presenza galega no festival de Lorient

FOLK | agosto 3, 2017

imaxe non dispoñible

O Festival Interceltique de Lorient, na Bretaña francesa, leva 47 anos sendo o máis importante do mundo no que se refire á música folk bretoa e das denominadas nacións celtas das Illas Británicas (Escocia, Gales, Cornualles, Illa de Man e Irlanda) e o norte de España (Galicia e Asturias). Este ano, o festival contará con numerosa presenza desde Galicia, con arredor de 150 músicos ou bailadores, entre os que os máis coñecidos poden ser Xabier Díaz &Adufeiras de Salitere ou a veterá banda Luar Na Lubre. Nos dez días de festival, do 4 ao 13 de agosto, chegan á vila bretona máis de 4.500 artistas para participar nos máis de 120 espectáculos que se desenrrolan nos distintos espazos do festival, chegando a haber 100.000 espectadores de pago e 700.000 visitantes, o que o convirte no máis importante festival de Francia e do mundo. Nesta edición o primeiro grupo galego en tocar serán Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, o domingo 6 no Grande Teathrè. Tamén chegarán ao Interceltique TRIM. Este trío instrumental formado por Fernando Barroso, Pedro Fariñas e Luís Peixoto fará unha das súas primeiras aparicións europeas, nun festival no que o seu gaiteiro, Pedro, é xa coñecido ao gañar o certame MacCrimmon no ano 2011. O Espace Marine é o recinto máis grande do festival, reservado para as producións con maior sona do mesmo. Nel tocarán a noite do mércores 9 os coruñeses Luar na Lubre. Coa súa renovada formación amosarán ao público bretón a súa proposta encadrada no 30º aniversario do grupo.

O Trofeo MacCrimmon de gaita peninsular contará coa presenza de catro representantes galegos que chegan logo dunha selección feita en abril no concello de Teo. Serán Xesús Rodríguez, Manuel Seoane, Rafael Carracedo e Raquel Vilas. A Banda de Gaitas Ximiela, de Louro (Muros), chegará por primeira vez a Lorient. O grupo de baile son os santiagueses Cantigas e Agarimos, unha formación histórica que volve á vila bretona logo de nove anos. Amosarán pezas do seu espectáculo “Balbino”, unha viaxe arredor da nosa tradición coa axuda de Neira Vilas. Pablo Seoane e Marcos Rodríguez, Erixúa, tocarán dentro da programación das músicas sacras.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer