Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Carmen Penim canta sobre a represión en Herdeiras

O LIBRO-CD PRESéNTASE ESTE SáBADO 23 DE SETEMBRO NO TEATRO PRINCIPAL DE COMPOSTELA

Carmen Penim canta sobre a represión en Herdeiras

CANTAUTOR | setembro 21, 2017

carmen_penim_herdeiras.jpg

Un libro-CD con poemas musiados e un audiovisual no que se aborda a represión franquista en Galicia. Esta é a proposta de Herdeiras o proxecto que Carmen Penim, voz do dúo 2nafronteira, presenta este sábado 23 de setembro no Teatro Principal de Compostela. O álbum conta con música de Penim sobre poemas de Helena Villar, Carmen Blanco, Eva Veiga, Marga do Val e Marta Dacosta, e inclúe varios artigos e a curtametraxe Bucle de Margarita Ledo. Financiado mediante crowdfunding, Herdeiras "fala de muller e dereitos, fala da construción da identidade, da visibilización, do sentido de herdanza, recuperando historias de mulleres resistentes e solidarias, represaliadas ás veces só por ter loitado por dereitos que hoxe consideramos obvios. E fala de memoria, porque o esquecemento non trae a paz serena que queremos, porque non nos queremos repetir e queremos sentirnos orgullosas de ser netas e fillas de mulleres fortes e dignas", segundo explica a presentación do álbum.





datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer