Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Uxía canta a Novoneyra no seu novo traballo

UXíA_O PRESéNTASE O SáBADO 30 NO TEATRO COLóN DA CORUñA

Uxía canta a Novoneyra no seu novo traballo

MISCELáNEA | setembro 27, 2017

uxia_o_uxia.jpg

Ecos de muiñeira, ragtime, alalá e reggae danse cita no novo traballo de Uxía. A cantante colabora con Sérgio Tannus para crear Uxía_O, un álbum no que musican os textos de Uxío Novoneyra. O Teatro Colón da Coruña acolle este sábado 30 a presentación do proxecto, no que, ademais de poemas musicados, tamén se presentan diferentes textos unidos nunha mesma canción, como é o caso de O aire ou A miña sombra correndo, transformado en alalá. O álbum recupera tamén a composición Cain as follas, de Emilio Cao, ou Alalás encadeados, poema inédito que xa se puidera escoitar no disco Meu Canto de Uxía.

O libro-disco, editado por Damadriña Producións, conta co acordeón de Santi Cribeiro, as percusións de Isaac Palacín e con José Manuel Díaz ao contrabaixo, ademais de colaboracións de Ana Isabel Días na arpa clásica, Quim Farinha no violín ou Fred Martins. Despois do concerto de presentación na Coruña, que é gratuíto con convite, a Cidade da Cultura en Compostela acollerá un segundo recital de presentación do proxecto o vindeiro 14 de outubro.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer