Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Quince festivais á procura de galardón nos IV Premios Fest

A FASE DE VOTACIóN POPULAR XA ESTá ABERTA PARA APOIAR A ALGúN DOS EVENTOS GALEGOS QUE BUSCAN PREMIO

Quince festivais á procura de galardón nos IV Premios Fest

MISCELáNEA | outubro 2, 2017

imaxe non dispoñible

España é a terra dos mil festivais, non só nun sentido figurado, senón literal. A proliferación destes eventos en múltiples formatos ven acompañada desde fai uns anos dun sistema de recoñecemento que son os Premios Fest, uns galardóns que recoñecen aos festivais dentro de 10 categorías, tres delas en canto ao seu formato ou tamaño. Para a cuarta edición destes premios xa está aberta a posibilidade da votación popular a través de Internet ata o vindeiro 10 de outubro. Quince festivais galegos optan a recibir galardóns nesta ocasión pola súa máis recente edición. O Atlantic Fest da Illa de Arousa é o que está máis presente en 7 categorías, tras del están o V de Valarés con cinco candidaturas, as mesmas que o SonRías Baixas e o Sinsal Son da Illa de San Simón. Veteráns nestes premios como o Resurrection fest e o Portamérica acumulan catro candidaturas. Outros que optan a tres Premios fest son o Noroeste Pop Rock e o Revenidas. Con dúas opción están o WOS, o Rockín Carballo e o Festival Arteficial de Ribadavia. A presenza galega nesta fase a completan as candidaturas de O Marisquiño, Ourenrock, Live for madness Metal fest e Setembro.

O Resurrection fest, que no pasado ano recibiu o premio a mellor Festival de Gran Formato, repite nesa categoría competindo cou outros 22 entre os que está O Marisquiño de Vigo. Tamén compite como Mellor zona de acampada co Atlantic Fest, entre outros. O festival da Illa de Arousa, pola súa banda está presente en varias categorías ademais de na de Mediano Formato , na que compite con outras sete propostas galegas entre as 56 que se presentan. Proporcionalmente a presenza galega máis forte está este ano no premio ao Festival Máis tecnolóxico, no que entre 11 propostos son dúas as galegas representadas por Sinsal Son Estrella Galicia e Son Rías Baixas. O Portamérica, que este ano comezou unha nova andaina en caldas, opta a catro premios, un dos cales é o de mellor zona de Restauración, que xa ten obtido no pasado co seu Showrocking e ademais ao de Festival máis sostible, unha das apostas fortes do evento este ano. Ademais dos festivais os IV Premios fest tamén contempla premiar actuación de artistas nacionais e internacionais que formaron parte dos programas destes eventos, nese caso son catro os artistas da nosa terra que optan levarse unha estrela Fest para casa: Xoél López, Iván Ferreiro e as bandas Terbutalina e Fogbound. No apartado de actuacións internacionais tamén están presentes artistas que pasaron polos festivais galegos en situación destacada como Rammstein (Resurrection Fest); The Temper Trap (Atlantic fest), Asian dub Foundation (Portamérica), Fantastic Negrito (Sinsal Son), etc. A fase de votación popular rematará o vindeiro días dez dando paso a unha selección final por un xurado profesional da que sairá unha lista de finalistas cuxos gañadores serán revelados nunha gala durante o congreso de industrias musicais BIME de Bilbao o 25 de outubro.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer