Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / Daniel Minimalia opta a un Grammy Latino por Origen

A GALA DA 18 EDICIóN DESTES GALARDóNS CELéBRASE O 16 DE NOVEMBRO

Daniel Minimalia opta a un Grammy Latino por Origen

FUSIóN | outubro 9, 2017

imaxe non dispoñible

Origen, o último disco do ourensán Daniel Minimalia, é a única representación galega na 18 edición dos Premios Grammy Latinos. O galego concorre na categoría de Mellor Álbum Instrumental, que disputa con Michel Camilo & Tomatito, Gustavo Casenave, Luís Salinas e a colaboración de Cesar Camargo Mariano con Rudiger Liebermann, Walter Seyfarth & Benoit Fromanger. A entrega destes galardóns está previsto que se celebre o vindeiro 16 de novembro en Las Vegas. Minimalia está na xira de presentación de Origen, editado por Zouma Récords, e tocará no auditorio municipal de Ourense o vindeiro 28 de outubro.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer