Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / O Atlantic Fest avanza importantes cambios para o 2018

A ORGANIZACIóN BUSCA QUE O éXITO DO FESTIVAL NON SACRIFIQUE A EXPERIENCIA DO PúBLICO

O Atlantic Fest avanza importantes cambios para o 2018

INDIE | outubro 10, 2017

imaxe non dispoñible

A organización do festival da Illa de Arousa, o Atlantic Fest, ven de facer público un "manifesto" co que avanza importantes cambios para a súa vindeira edición o 29 de xuño do 2018. "Despois de finalizar o Atlantic Fest deste ano, pasamos estes dous meses escoitando o feedback dos asistentes e traballando xa, nas melloras de moitas areas. Estamos absolutamente comprometidos en facer que todos os que asisten a Atlantic Fest vivan unha fantástica experiencia", aseguran os organizadores. Como todos os eventos multitudinarios deste tipo, e máis cando duplican dun ano ao seguinte a asistencia, o festival no 2017 recibiu puntuais críticas nalgúns aspectos da súa organización. Pero estes comentarios razoados non caeron no saco roto para a organización que fai así propósito de emenda e xa avanza solucións e cambios para a vindeira e terceira edición.

Como parte da evolución natural e do crecemento do evento, que pasou de 6.000 persoas na primeira edición a duplicarse na segunda, o primeiro que se vai cambiar é o tamaño do recinto pero sen aumentar moito o aforo para manter a experiencia e o espírito de "festival íntimo". Sen cambiar a localización na Praia do Bao o recinto aumentará dando máis espazo á xente, máis espazo para a área de restauración pudendo ofrecer máis postos de alimentación e tamén máis postos de adquisición de vales e de baños. Moitas destas medidas posibilitarán, segundo a organización, que non se formen colas nin esperas como algúns usuarios comentaron desta pasada edición. Outro punto importante que a organización entra a solucionar e que este ano suscitou algunhas críticas foron os concertos na vila, o programa D’Tascas e Auditorio, cuxos limitados aforos deixaron a moita xente fóra. Estes concertos dos bares trasladaranse no 2018 a dúas prazas mentres que os do Auditorio duplicarán sesións de cada artista ás que se accederá recollendo entradas previamente. Ademais disto o servizo de autobuses entre o recinto e a zona de acampada, que tamén foi motivo dalgunhas queixas este ano, reforzarase e horas punta e ampliarase o horario.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer