Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Volven Igloo co novo traballo 'Aquellos maravillosos daños'

A BANDA DE CALDAS INICIA ESTE VENRES OS CONCERTOS DE PRESENTACIóN DO SEU SEXTO LP

Volven Igloo co novo traballo 'Aquellos maravillosos daños'

INDIE | novembro 2, 2017

digipack_AMD.jpg

Igloo volven pero nunca marcharon, Aquellos maravillosos daños (La Alianza Rebelde Producciones, 2017) é o sexto longa duración da súa prolífica carreira, dous anos despois do seu anterior disco Igloo2 (2015). Xa pasaron anos desque os de Caldas de Reis se fixeron un oco na escena musical indie e alternativa formando parte incluso do cartel dunha das primeiras edicións do Festival Sinsal cando era un evento urbano en 2008. O proxecto Igloo segue adiante e moi vivo doce anos despois do seu primeiro disco homónimo Igloo (2005) e estes días comeza a presentación do seu novo traballo gravado e producido por eles mesmos e editado por Ernie Records.

Nun mundo sometido aos cambios tan vertixinosos como o da música e sempre con novas propostas empurrando para entrar esquécese rápido o valor dunha traxectoria e os logros acadados. No 2010 Igloo recollían o Premio Especial do Público por La transición de fase (Ernie Records, 2009) na segunda edición dos Premios de la Música Independiente convocados pola Unión Fonográfica Independiente (UFI) e ese mesmo ano, pola vía de gañar un certame, foron elixidos para abrir o concerto dos británicos Franz Ferdinand en San Sebastián. Dende entón fixeron centos de concertos e estiveron en numerosos festivais de todo o Estado, o Sonorama Ribera un dos derradeiros. Este ano 2017 parece terlle sentado moi ben á banda que despois de ter gañados os Premios Mestre Mateo e do público no Festival de Cansa polo seu videoclip da cancións Restos de un naufragio presentan agora este traballo de son coidado cunha colección de cancións que eles consideran "as mellores" da súa carreira. Aquellos maravillosos daños gravouse da cabalo entre Madrid (Estudios reno) e Caldas (El Laboratorio Criogénico) coa produción do propio Beni Ferreiro, cantante e guitarrista do grupo así como compositor das cancións.

O grupo volve por todo o alto cun traballo feito "sen presas discográficas" e co que agardan conseguir como froito do seu traballo o "recoñecemento do gran público". Para a gravación, ademais cos catro integrantes da formación – Beni Ferreiro, Juanma Fernández, Julián Rodríguez e Alberto Torres- contaron coas colaboracións de Elba Fernóndez (Mordem, Jane Joyd), Manu Mandala (Señor Magick), Pulpiño Viascón (Os diplomáticos de Monte Alto) e Tomás Valderrama. Aquellos maravillosos daños arranca co tema Prisma que se fai familiar e recoñecible doadamente dentro do son Igloo pola emoción existencial contida e polo deseño musical con esas distorsións e ecos tan expresivas do grupo. Os dous primeiros adiantos deste disco Gigante e Generación fatal levan meses soando en MTV España, Sol Música, Los40 Trending e Radio 3 e agora preséntase xa con vídeo – dirixido polo baixista Julián Rdríguez- o que é realmente o primeiro "sinxelo" do disco Gremlins de ciudad .

Ademais dos dez temas propios o disco engade unha pista extra co tema en galego Olla pra min, unha composición orixinal do grupo caldense dos anos 70 Samba, do que un dos integrantes é familiar directo de dous membros de Igloo, que xa levaron este tema ao directo nalgunha ocasión e agora o engaden no disco. O disco en formato digipack xa está a venda. A xira de presentación do novo traballo iníciase na súa vila de orixe, Caldas de Reis, con dous concertos mañá e pasado na Sala Minimoog para os que xa está todo o papel vendido. A seguinte cita será en Vigo o vindeiro día 11 en La Fábrica de Chocolate tras o que pasarán por Culleredo (Fórum Celticum), Santiago (Sala Moon) e Ourense (Auriense café Cultural). A presentación oficial será en Madrid no Costello Club o 15 de decembro.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer