Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Elba Fernández reencárnase en Mordem e presenta Fragments to Dominate the Silence

A CANTANTE ACHéGASE á ELECTRóNICA NA SúA NOVA ETAPA

Elba Fernández reencárnase en Mordem e presenta Fragments to Dominate the Silence

ELECTRóNICA | novembro 8, 2017

Fragments to Dominate the Silence_mordem.jpg

Logo de comezar a súa carreira musical como Jane Joyd, Elba Fernández muda de alias e de rexistro para o seu novo proxecto. Mordem é o nome escolleito para esta andaina, na que debuta con Fragments to Dominate the Silence. Editado por The Winter Hunters e gravado nos Estudios Reno, o novo álbum achega dez temas nos que se cruzan influencias de trip hop, R&B, ambient ou pop. Abandonadas as reminiscencias folk do seu anterior proxecto, a cantante propón un disco que sinala como o máis introspectivo dos que ten realizado ata o momento, e para o que conta coas colaboracións de Xavi Font ao piano e de Manuel Cabezalí á guitarra. O proxecto sae á luz en formato dixital, LP e CD, cunha edición limitada de 350 exemplares rotulada pola propia autora. A sede de Afundación na Coruña acolleu o concerto de presentación o pasado 4 de novembro.

datos do disco
Ligazóns

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer