Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Lydia Botana alza o voo

NO SEU áLBUM VUELO FAI UN PERCORRIDO POLA MúSICA DE DIFERENTES PAíSES

Lydia Botana alza o voo

FUSIóN | novembro 16, 2017

vuelo_lydia_botana.jpg

Cunha proposta "colectiva e internacionalista" a cantante galega Lydia Botana presenta o seu proxecto Bolboreta co álbum Vuelo. O optimismo habitual que a autora deu a coñecer nos seus anteriores EPs e colaboracións, preséntanse nesta ocasión cun combo de colaboradores que inclúen membros de Calle 13, Ojos de Brujo, La Pegatina, Illya Kuryaki & The Valderramas, Bohemian Betyars, Flavia Coelho ou La Troba Kung Fu. As catorce cancións reflicten as influencias musicais de Paris, Madrid, Biarritz, Barcelona, Cardiff, Buenos Aires ou Rabat, cidades nas que se foron gravando diferentes partes do álbum. Rock, pop, reggae, ska, rumba, ou cumbia mestúranse en temas nos que se alternan castelán, galego e outras linguas como o italiano e o francés. Logo de dous concertos en Italia, a xira de presentación pasará por Dinamarca, Xapón ou Canarias, cunha visita a Galicia o vindeiro 25 de novembro no FNAC da Coruña.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer