Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / NOTICIA / A nova edición do 'Vello,raro, novo' do MAC xa ten programa

O CICLO COMISARIADO POR SINSALAUDIO TRAERá MOSTRAS DAS EXPRESIóNS MUSICAIS MENOS HABITUAIS NOS CIRCUíTOS

A nova edición do 'Vello,raro, novo' do MAC xa ten programa

ALTERNATIVA | novembro 20, 2017

imaxe non dispoñible

O Museo de Arte Contemporáneo Gas Natural Fenosa (MAC) da Coruña inicia el vindeiro día 2 de decembro, en colaboración con Sinsalaudio, a nova programación do ciclo de música e coleccionismo Vello, raro, novo que leva facendo desde 2014. O ciclo ten o compromiso de achegar artistas internacionais e propostas inéditas, que non adoitan formar parte dos circuítos habituais. O programa abarca, ademais da música en directo, o campo do coleccionismo musical como conexión entre o museo e a cidadanía. Nesta edición do ciclo o MAC acollerá os directos de Alexis Taylor (Gran Bretaña), El último vecino (España) e Amiina (Islandia). O británico abrirá o ciclo o 2 de decembro ás 21 horas, o 18 de xaneiro será o concerto da banda española El Último Vecino e haberá que agardar a febreiro, o día 14 para ver ás islandesas Amiina. Vello, raro, novo pretende abrir así o museo á expresión contemporánea artística desde a música. As entradas, por un prezop de 5 euros por sesión, xa están dispoñibles na recepción do MAC e en Discos Portobello así como na plataforma dixital de ABanca.

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer