Ir ao contido directamente.


Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Magín Blanco convida pasear os seus Camiños

O NOVO LIBRO-CD DO MúSICO CONTA CON TEXTOS DE COñECIDOS AUTORES DO PAíS

Magín Blanco convida pasear os seus Camiños

INFANTIL | decembro 1, 2017

caminhos_magin_blanco.jpg

Trece novas cancións acompañadas de contos e poemas de Carlos Meixide, Víctor F. Freixanes, Ledicia Costas, Francisco Castro, Paula Carballeira, Anxos Sumai ou María Lado entre outros autores e autoras do país. Esta é a proposta que realiza Magín Blanco en Camiños, o seu novo libro-CD para público familiar. O volume de 68 páxinas, editado por Fol con ilustracións de Leandro Lamas, foi gravado no estudio Casa de Tolos. Unha variedade de ritmos acompañan temas líricos nos que se mesturan atmósferas electrónicas, rock ou coros de alumnos de primaria con colaboracións como as de Héctor Lorenzo ou De Vacas. Os textos da cancións son da autoría de Blanco, agás no caso de Paxariño novo, que adapta unha letra de Valle-Inclán. O músico presentará o seu traballo este sábado 2 de decembro ás 11:00h no Culturgal.

datos do disco

 

 

 

Sponsored Links: No Frills Flyer, Freshco Flyer, Food Basics Flyer, Walmart Flyer, Giant Tiger Flyer