Ti estás aquí > Inicio / DISCO / Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura
Preséntase un disco conxunto de Treixadura gaiteiros e Orfeón Treixadura
xuño 15, 2006
No seu cuarto traballo discográfico, “Unha semaniña enteira” (PAI música), o consolidado grupo Treixadura Gaiteiros presenta a xuntanza de dúas concepcións da música popular: o canto e a gaita. O Orfeón Treixadura, creado ex profeso para a gravación dunha das cancións do anterior disco “Unha noite non é nada”(2003) engade aquí a forza das súas voces ás melodías dos gaiteiros incidindo no pouso que o canto popular foi deitando na historia da música galega. Dos once temas do disco, gravados entre os estudos Casa de Tolos e Edisco a finais do 2005, tan só un é unicamente instrumental. Este é o terceiro disco de Treixadura que leva por título un dos versos da cantiga popular “Unha noite no muíño” e os compoñentes do grupo xa anunciaron durante a presentación do disco no Consello da Cultura Galega a próxima realización dun disco que se chamará “Esa si que é muiñada”.
Máis información en Consello da Cultura Galega
Tamén che pode interesar:
- 17/ 12/ 2007 | Tino Baz presenta o primeiro disco en solitario da súa extensa carreira de cantor
- 31/ 5/ 2007 | Edicións do Cumio presenta en Vigo o Método de gaita de Xaquín Xesteira
- 6/ 6/ 2006 | Dez anos despois do seu anterior álbum Magin Blanco saca novo disco
- 15/ 3/ 2004 | Os grupos Leilía e Treixadura crean “Son de aquí”, un completo espectáculo que se artella arredor da música tradicional
- 16/ 2/ 2004 | Leilía e Treixadura únense en Son de Aquí, un espectáculo que quere promocionar a nosa música tradicional


