Brasil é o país convidado no VI Encontro de Pandeiros de Mao
novembro 9, 2009
A Central Folque e mais o Concello de Pontevedra teñen aberto o prazo de inscrición para a VI Edición do DUF Encontro Internacional de Pandeiros de Mao. O evento, que ten este ano o Brasil como país convidado, inclúe cursos de construción e interpretación destes instrumentos, conferencias, actividades para nenos e actuacións musicais. Entre outros, está prevista a presenza de Carlos Núñez, que falará sobre a súa experiencia brasileira, o intérprete brasileiro Marcos Suzano e conxuntos coma Bloquinho da Salgueira.
Tamén che pode interesar:
Noutros medios e fontes de información:
(Este é un proceso automático. Saber máis)- 9/ 11/ 2009 | Brasil é o país convidado no VI Encontro de Pandeiros de Mao
- 10/ 11/ 2009 | El Encontro de Pandeiros de Mao se fija este año en Brasil
- 9/ 11/ 2009 | Carlos Núñez marca o inicio do Encontro Internacional de Pandeiros de Man
- 11/ 11/ 2009 | "En Brasil está unha Galicia moderna, a Galicia do futuro"
- 23/ 7/ 2009 | Cara a unha marca-país


