culturagalega.org
culturagalega.org

inicio / noticias / As academias do Estado discuten o emprego correcto dos nomes de lugar
Noticias

PLURILINGüISMO TOPONíMICO

As academias do Estado discuten o emprego correcto dos nomes de lugar


31 / 5 / 2002
Santiago. Redacción

A Real Academia Galega (RAG) continúa o seu traballo sobre os nomes dos lugares. Se onte coñecíamos a súa implicación no proxecto Toponimia de Galicia, hoxe sabemos que a Academia está a traballar coas súas homólogas de todo o Estado para fixar unha normativa que regule o emprego dos topónimos nas diferentes linguas oficiais. O presidente da RAG, Xosé Ramón Barreiro, explicou onte este proxecto ós medios.

Varias linguas, varios nomes


A existencia de varias linguas no Estado Español leva a que naquelas zonas nas que coexisten outros idiomas co castelán existan moitos topónimos que teñen unha versión en cada lingua. Esta situación provoca a miúdo confusións á hora de saber como hai que referirse a lugares concretos. Para definir unha normativa concreta no emprego dos topónimos nas diferentes linguas do Estado as academias de Euskadi, Cataluña, España e Galicia están a realizar un traballo conxunto. No mesmo sentido búscase unificar un criterio á hora de empregar topónimos estranxeiros e ver se se respecta a súa fonética, grafía ou outras cuestións.
Unha comisión con representantes das diferentes academias do estado reunirase periodicamente para tratar estas cuestións.












Organizar



Segundo sinalou onte Xosé Ramón Barreiro, a intención das academias é facilitar o traballo a medios de comunicación e outros profesionais de cara ó seu traballo. O presidente da RAG sinalou que é partidario de "ser respectuosos" coas formas orixinais dos topónimos peninsulares, aínda que esta é unha cuestión que aínda está por estudiar.
Para Barreiro aínda hai que "ver se a normativa propia da zona marca o emprego" dunha ou doutra forma dos nomes de lugar, e puxo como exemplo o caso galego, no que a toponimia oficial está unicamente no noso idioma.












Máis da RAG

Durante a primeira quincena do mes de xuño que agora comeza, a Real Academia Galega ten previsto celebrar un novo plenario no que se designará a persoa homenaxeada no Día das Letras do 2003. Cada unha das candidaturas deberá estar apoiada por tres académicos, e entre os nomes que se están a barallar nos medios de comunicación están os de Avilés de Taramancos, Álvarez Blázquez e Florencio Delgado Gurriarán entre outros.
Nesta xuntanza a RAG tamén decidirá quen ocupa a vacante que ficou na institución trala morte de Marino Dónega, posto para o que se fala de Manuel María, Xosé González e Daniel Cortezón.


Tamén che pode interesar...

.
31, 2002
MAIO

Hoxe en culturagalega.org

Presentáronse máis de 500 traballos
A terceira edición do Festival de Curtametraxes de Bueu bate marcas de participación
A día de hoxe está no Museo Etnolóxico de Ribadavia
O concello de Vigo e a Xunta buscan emprazamentos para o arquivo Llanos
Pasaron de 63.000 a 400.000 euros
A Xunta amplía as axudas aos medios en galego
O certame cumpre quince anos e celébrao cunha exposición fotográfica
A última película de Jorge Coira compite na sección oficial do Festival de Cine de Ourense
Educación enviou unha circular avisando aos docentes que deben acatar a legalidade
A Xunta podería suspender de emprego e soldo a quen non cumpla o decreto
O espazo estará listo en xaneiro de 2011
O Auditorio de Vigo estrearáse cun concerto e sen programación
O Roteiro Fiz Vergara Vilariño explora as paisaxes do poeta samonense
Os versos de Lóuzara
O autor prepara unha serie de viñetas para o IPhone, dispoñible en varios idiomas
O bo momento de José Domingo
O cómic véndese tanto en tendas físicas como na rede por 3.95 euros
A vida do Apóstolo, tamén en banda deseñada
Revisamos os proxectos audiovisuais que recibiron subvención neste 2010
Unha de romanos, e outras historias
O BNG empregará “todos os instrumentos democráticos” se a Xunta toma represalias
Os sindicatos estiman que tres mil docentes non aplicarán o decreto
Galicia é comunidade convidada na Semana Internacional da Moda de Madrid
Abondosa participación galega na 64ª edición da Cibeles Fashion Week
Continuará tamén coa súa actividade editorial
A Nosa Terra manterase na rede despois de desaparecer como semanario impreso
Analizarán as necesidades do Mosteiro de San Salvador e do Museo de Arte Sacra
Cultura destinará 360.000 euros a recuperar o pazo-fortaleza de Tovar
Vaca Films estreará o seu último filme no Festival de Cine de Montreal
Tres producións galegas estarán presentes en San Sebastián
imaxe non dispoñible
Zona RSS | Aviso legal | Contacto | O equipo do portal | Licenza de uso | Contactar coa redacción: redaccion@culturagalega.org I T: +34 981 957202 | F: +34 981957205 |
Logo do Consello da Cultura Galega
25 Aniversario do Consello da Cultura Galega
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org
culturagalega.org
Consello da Cultura Galega. | http://www.consellodacultura.org
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-mail: redaccion@culturagalega.org